займ срочно

Seguen a reclamar a readmisión dos condutores da antiga liña de bus do aeroporto

0

Compostela, 21 de xuño do 2022 – Os condutores despedidos da antiga liña de bus ao aeroporto seguen reclamando a readmisión e Compostela Aberta reclama que se garanta a subrogación.

Compostela Aberta pide que se impulsen as medidas necesarias para a readmisión do persoal despedido en decembro de 2020 cando a anterior concesionaria deixou de prestar o servizo ao aeroporto. O concelleiro Jorge Duarte explicou que a UTE Trapsa-Aulusa, actual prestataria, “está a contratar persoal sen experiencia para a liña 6, no canto de recuperar aos traballadores despedidos”.

Protesta dos traballadores diante da casa do concello

O concelleiro de compostela Aberta considera “ incomprensible que o Goberno siga sen mediar neste conflito, incumprindo todos os acordos plenarios e desoíndo todas as sentenzas xudiciais”.

Jorge Duarte defenderá no próximo Pleno unha moción na que insta ao Goberno a realizar as actuacións precisas para que a empresa concesionaria readmita ao persoal, dándolle cumprimento ás sentenzas xudiciais relativas a estes despedimentos.

Compostela Aberta demanda que o concello realice o “necesario control que impida que a liña de bus ao aeroporto sexa prestada por persoal alleo ou a través de contratacións puntuais; e garanta a incorporación dos traballadores despedidos no listado do persoal a subrogar licitación do transporte público”.

Por último, Compostela Aberta urxe ao Goberno a impulsar, a través de Tussa, un bus lanzadeira que conecte directamente a intermodal co aeroporto Rosalía de Castro, sen paradas urbanas e con tarifa diferenciada.

Comportamento cuestionable

Jorge Duarte explicou en rolda de prensa a postura de Compostela Aberta e criticou a actitude da empresa que considera moi cuestionable “a UTE Trapsa-Aulusa está a contratar persoal sen experiencia para cubrir a liña 6, co obxectivo de atender o reforzo da liña anunciado recentemente, e segue sen reincorporar aos traballadores despedidos por Freire en decembro de 2020, cando deixou de operar o servizo”.

O concelleiro é tamén moi crítico co equipo de goberno “hai menos xustificación para a actitude do Goberno de Bugallo, que leva ano e medio ignorando a situación do persoal, as numerosas sentenzas xudiciais que lles dá a razón aos traballadores, e tamén os acordos plenarios”.

O edil incidiu en que “o Goberno non pode seguir botando balóns fóra argumentando que o conflito é entre a empresa e os traballadores e que a nova concesionaria pode contratar a quen queira, porque o seu deber é mediar nesta situación cando falamos dun servizo que agora depende do Concello”.

Ademais, lembrou, “o Goberno está ignorando que o Pleno da Corporación aprobou xa dúas mocións de CA, a última hai xusto un ano, para conseguir a reincorporación do persoal”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies