займ срочно

Advirten de que Compostela perderá unha subvención europea de 370.000 €

0

Compostela, 9 de novembro do 2022 – O grupo de Compostela Aberta asegura que o concello vai perder unha subvención de 370.000 euros, procedente dos fondos Next Generation.

A perda da subvención daríase por un erro no procedemento de adxudicación do contrato ao que ía destinada a axuda. A achega europea ía dirixida á implantación dunha nova estrutura de Centro de Proceso de Datos, e tal e segundo a mesa de contratación o Concello non poderá cumprir os prazos establecidos para xustificar a subvención ao ter que reiniciar a licitación.

A portavoz de CA, María Rozas, urxiu ao Goberno “a explicar como vai financiar agora este proxecto, en serio risco por unha nova entrega desta serie protagonizada por Bugallo e que leva por título A caída do mito dos bos xestores”.

O anuncio de licitación do servizo de implantación dunha nova estrutura de Centro de Proceso de Datos do Concello de Santiago foi publicado o 19 de setembro na Plataforma de Contratación do Estado, e o prazo para a presentación de ofertas finalizaba un mes despois. O 28 de setembro deuse conta dun erro material no prego técnico, relativo ao equipamento a suministrar por parte da adxudicataria.

Onde se indica que a empresa deberá ofertar “2 Switches de interconexión cada un dos cales disporá de 64 Gb RAM”, debería constar “4 Gb RAM”. Os pregos actualizados, incorporando esta corrección, foron publicados o 19 de outubro, o mesmo día no que finalizaba o prazo para a presentación de ofertas.

O 20 de outubro celebrouse a primeira Mesa de Contratación para resolver este procedemento, e os representantes da Intervención e da Asesoría Xurídica advirten que se efectuou un cambio no prego durante o prazo de presentación de ofertas que non pode considerarse simplemente a corrección dun erro material. Para analizar en profundidade as repercusións desta rectificación suspéndese a celebración da Mesa de Contratación, que volve reunirse o pasado 3 de novembro.

Na nova xuntanza, a Asesoría Xurídica e a Intervención Municipal volven considerar que a modificación efectuada no prego aprobado “supón unha vulneración das normas do procedemento de adxudicación do contrato e que habería que retrotraer as actuacións ata o momento da súa comisión”. É entón cando a presidenta da

Mesa advirte da imposibilidade de retrotraer o expediente, xa que non se podería adxudicar o contrato dentro do prazo establecido na convocatoria das subvencións europeas coas que se ía financiar o proxecto, “que obriga a que o sistema a contratar estea subministrado e recepcionado antes do 15 de decembro de 2022”. Por este motivo, declárase a desistencia no procedemento de adxudicación e, polo tanto, o Concello acaba renunciando a esa subvención de case 370.000 euros.

A portavoz de Compostela Aberta, María Rozas, denunciou que “esta non é a primeira subvención á que ten que renunciar o Concello neste mandato”, e urxiu ao Goberno de Bugallo a explicar “como vai acometer agora o proxecto para a implantación do novo Centro de Proceso de Datos, unha peza fundamental dentro do procedemento para a modernización da administración local que impulsamos xa desde o pasado mandato”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies