Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Ordenan a paralización da actividade na nave de Desproi en Costa Vella

O concello de Santiago ordenou a paralización da actividade, por falta de permisos, na nave que Desproi ten no polígono Costa Vella.
Concello de Santiago 20170214_120815 slide_r

Compostela, 4 de maio do 2023 – O concello de Santiago ordenou a paralización da actividade, por falta de permisos, na nave que Desproi ten no polígono Costa Vella.

Trátase do edificio alugado pola concellaría de medio rural. Unha decisión que derivou na dimisión do concelleiro Joseá Manuel Pichel ao saberse que era accionista de Desproi.

Obras sen permiso

Compostela Aberta, que en xaneiro destapara o “Caso Pichel”, pide agora explicacións ao goberno local por esta nova irregularidade. A decisión de paralizar a actividade ven motivada por un informe emitido de oficio por un técnico municipal. O documento foi emitido no mes de marzo e a orde de paralización ten data de 17 de abril.

No informe recóllese que no edificio de Desproi executáronse obras sen título habilitante, e que as actividades que se desenvolven nel tamén carecen dese título municipal. O técnico dá conta da situación ao departamento de Disciplina Urbanística e advirte, ademais, que o uso de oficinas que se desenvolven no soto 2 do edificio non é legalizable.

O Decreto que ordena a paralización da actividade tamén recolle a incoación dun procedemento de reposición da legalidade urbanística alterada a Desproi, por desenvolver unha actividade sen título municipal habilitante, e concédelle á empresa un prazo de 15 días para presentar alegacións.

Compostela Aberta pide explicacións

A portavoz municipal de Compostela Aberta pediulle ao Goberno que explique se a empresa lle tén dado xa cumprimento aos requirimentos deste decreto. Para María Rozas, “este é un novo capítulo que sementa todas as dúbidas sobre o caso Desproi, e volve demostrar o que Compostela Aberta vén denunciando: que as responsabilidades non rematan no dimitido concelleiro Pichel”.

A concelleira insistiu en que “estas últimas informacións volven xerar dúbidas sobre a conveniencia de que o propio Goberno derive este expediente á Fiscalía, unha opción que descartou e que vinculou a un informe xurídico que Compostela Aberta tén solicitado e que seguen sen facilitarnos”.

Post navigation

Previous: Ames organiza a I Feira do Pan e do Cereal
Next: Denuncia penal pola presunta prevaricación en Touro

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.