Compostela, 16 de marzo do 2018 – O equipo de goberno de Compostela votou en contra do expediente que permitiría a ubicación da depuradora no Souto e comprometeuse a presentar unha alternativa en próximas datas.
A nova depuradora de Santiago, que afecta a toda a conca do Sar, volvía ao pleno municipal para aprobar o rexeitar definitivamente o convenio que permitiría a ubicación no Souto. As posicións non variaron con respecto a outros plenos o declaracións. Os rexeitamentos viñeron pola ubicación e polas condicións do convenio e o apoio pola urxencia de ter unha nova EDAR. As críticas ao goberno municipal viñeron sobretodo pola negociación ao longo de estes dous anos que derivaron, según a oposición, en este mal convenio e polo anuncio dunha alternativa da que ninguén sabía nada.
No momento das votacións tanto BNG como Psoe e PP insistiron en que non podían votar sen que existira unha proposta emprazando de novo ao equipo de goberno a seguir negociando ou a traer unha alternativa. O alcalde, Martiño Noriega, en este punto quixo aclarar que as competencias para aprobar ou rexeitar o convenio eran plenarias e que si se traía era porque non existía posibilidade de continuar a negociación
O secretario fixo constar en acta a negativa a votar da oposición aínda que ara efectos legais contará como abstención.