займ срочно

Denuncian os desperfectos na piscina de Santa Isabel

0

Compostela, 12 de xaneiro do 2023 – Compostela Aberta denuncia o mal estado da piscina de Santa Isabel, con desprendementos do teito e partes das gradarías pechadas.

A portavoz municipal de Compostela Aberta. María Rozas, acudiu á piscina para denunciar a pasividade do goberno municipal do que dixo que “ vai pechar o mandato practicamente en branco no que ten que ver coa mellora das instalacións deportivas municipais, sen desenvolver os proxectos que quedaran encamiñados, e sen achegar ningunha solución para os clubs de natación que levan meses denunciando as dificultades ás que se enfrontan para poder adestrar en condicións minimamente aceptables”.

María Rozas estivo acompañada polo presidente do Club de Natación Cidade de Santiago, José Rioseco, e da que fora concelleira de Deportes no Goberno de Compostela Aberta, Noa Morales. A portavoz de CA comprobou o deterioro das instalacións, “con algunhas zonas perimetradas tanto nas gradas como ao carón do vaso, por mor de desprendementos do teito”.

A concelleira recordou que no pasado mandato “quedara elaborado un informe de deficiencias do pavillón de Santa Isabel e do multiusos de Sar, e descoñecemos se o Goberno do PSOE fixo algún tipo de xestión para abordar as cuestións máis urxentes”.

Rozas engadiu que no pasado mandato, o Goberno de CA iniciou a tramitación do expediente para contratar a redacción do proxecto de mellora das condicións de accesibilidade do pavillón de Santa Isabel, cun orzamento estimado de execución de 650.000 euros, “que o Goberno de Bugallo non chegou a desenvolver, como tampouco executou o proxecto de reparación da cuberta dos vestiarios do campo de fútbol que quedou aprobado cun orzamento de máis de 185.000 euros”.

A portavoz de Compostela Aberta lembrou que “mellorar o estado de Santa Isabel foi unha prioridade para nós, e de feito no pasado mandato executouse unha ambiciosa obra de mellora no campo de fútbol na que se investiron 450.000 euros; acometéronse actuacións de mellora da accesibilidade por 75.000 euros, e quedou tamén redactado o proxecto de acondicionamento da praza de acceso, por case 72.000 euros”.

Esperando pola nova piscina

María Rozas incidiu tamén nas dificultades coas que se enfrontan os clubs de natación de Santiago para adestrar en condicións, “cunhas piscinas municipais que están saturadas e que non teñen capacidade abondo para satisfacer as demandas dos deportistas e da cidadanía en xeral”. Nese sentido, salientou que “a piques de esgotarse o mandato seguimos sen noticias do complexo deportivo de Santa Marta, que Bugallo prometeu durante a campaña electoral, presentando incluso un proxecto xa orzado en seis millóns de euros, do que nunca máis se soubo”.

Rozas lembrou que “en abril de 2022, o alcalde afirmou que o Goberno estaba ultimando o estudo técnico para sacar a licitación o proxecto para a construción do complexo deportivo que incluiría a piscina climatizada, pero transcorridos nove meses vemos outra vez que as promesas de Bugallo son papel mollado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies