займ срочно

As terrazas de hostalería motivo dunha pregunta no vindeiro pleno de Compostela

0

Compostela, 26 de setembro do 2022 – Compostela Aberta preguntará no vindeiro pleno municipal polo control que se fai das terrazas de hostalería desde o concello.

Na exposición de motivos CA explica que nos últimos meses as terrazas invadiron espazo público e chegaron, en algún caso, a impedir o acceso ás vivendas. O grupo quere saber que tipo de control se fixo das terrazas en especial en zonas de alta presión turística.

Compostela Aberta explica que se trata dunha cuestión delicada “pola necesidade de conciliar as demandas dos establecementos co dereito da veciñanza a desfrutar e circular con liberdade por ese mesmo espazo público”.

Lembra que durante o tempo de pandemia as normas flexibilizáronse para “facilitar o mantemento destes negocios e dos postos de traballo na hostalería, un dos sectores máis damnificados polas restricións derivadas da Covid”, decisións que CA compartiu.

Para CA co levantamento das restricións dos locais tiña que supoñer volver á situación prepandemia. Compostela Aberta di que  “durante este verán recibimos diversas denuncias, tamén realizadas ante o Concello, nas que puidemos constatar o descontrol na ocupación do espazo público con casos concretos, en rúas como Carretas ou a Troia”.

Piden que se manteña a ordenanza reformada no ano 2018 e que o alto número de visitantes e a demanda de este tipo de servizos non pode ser unha xustificación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies