Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

“Non hai nada que aguantar”, reivindicación das mulleres do rural

Compostela Aberta presentou a súa propia campaña ara o 25N, centrada nas mulleres do rural baixo o lema “Non hai nada que aguantar”.
compostela-aberta-25-n-slide-17-novembro-2022-(1)_r

Compostela, 17 de novembro do 2022 – Compostela Aberta presentou a súa propia campaña ara o 25N, centrada nas mulleres do rural baixo o lema “Non hai nada que aguantar”.

A campaña de CA quere complementar ás institucionais de cara ao Día Internacional para a Eliminación das Violencias contra as Mulleres, o 25N. O lema “Non hai nada que aguantar” xurdiu nos obradoiros de empoderamento das mulleres do rural impulsados no pasado mandato.

A campaña foi presentada nun acto no que interviñeron a portavoz de Compostela Aberta, María Rozas, a concelleira Marta Lois, e tamén as mulleres que participaron na iniciativa. A campaña de CA polo 25N contou coa participación de cinco veciñas do rural de Santiago: Dorinda, de Bando, e Hortensia, Celia, Teresa e Mari da Lavacolla.

Trátase de mulleres que participaron nos obradoiros de empoderamento que o Goberno de Compostela Aberta impulsou durante o pasado mandato, que pecharon elaborando unha mensaxe clara de rexeitamento de toda forma de violencia machista, “Non hai nada que aguantar”, que agora serve de lema desta campaña.

A portavoz municipal de CA agradeceulle ás cinco veciñas “a súa implicación nesta iniciativa coa que queremos achegar o noso gran de area na celebración do Día Internacional para a Eliminación das Violencias contra as Mulleres, poñendo o foco precisamente en mulleres coma elas, en veciñas do rural e maiores de 65 anos, que adoitan estar máis invisibilizadas e que sofren especialmente a falta de acompañamento institucional e a soidade”.

María Rozas explicou que “con esta campaña tratamos de darlle visibilidade, recoñecer e mostrar o noso orgullo polas mulleres do rural, ao tempo que demandamos un maior compromiso das administracións públicas coa prevención das violencias machistas, tamén do Concello de Santiago”.

Compromisos incumpridos

Pola súa banda, Marta Lois salientou que “esta campaña é unha acción reivindicativa máis no marco do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, unha data na que respaldamos e animamos a participar a toda a veciñanza na campaña institucional de En Negro contra as Violencias”. A concelleira de CA lembrou que “esta campaña naceu durante o pasado mandato, foi referencia en toda Galicia, e coidamos que cómpre relanzala e reforzala, porque lamentablemente segue sendo tan necesaria como o primeiro día”.

Lois indicou que “o importante é que estas accións vaian acompañadas de actuacións concretas, de políticas feministas contra a violencia machista coma as que Compostela Aberta vén reclamando ao longo de todo o mandato con escaso éxito”. Neste sentido, a concelleira lembrou que no Pleno do pasado mes de outubro aprobouse unha moción de CA instando ao Goberno de Bugallo a impulsar diferentes medidas como a actualización dos datos do Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero ou a realización dun informe sobre as vítimas de violencias machistas en Santiago, un estudo fundamental para que o Concello poida desenvolver un traballo efectivo fronte ás violencias machistas en todas as súas dimensións, non só fronte á violencia física senón tamén psicolóxica, sexual, obstétrica, económica, dixital ou vicaria”.

Ás portas do 25N, Marta Lois reclamoulle ao Goberno de Bugallo que adopte “unha posición máis activa para facer de Santiago unha cidade libre de violencias machistas, con iniciativas que permitan identificar, visibilizar e concienciar á cidadanía sobre as súas diferentes formas, para que as mulleres vítimas non se sintan soas fronte a calquera tipo de agresión machista”. Nese sentido, defendeu a necesidade dunha campaña transversal impulsada desde a administración local “que poña ao dispor da cidadanía todos os recursos adecuados para avanzar cara unha sociedade plenamente igualitaria”.

Post navigation

Previous: Negreira abre o prazo do XII Concurso “Loita contra a violencia de xénero”
Next: A Deputación reparará as estradas de Trazo

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.