Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Compostela a xornada “Malas Linguas”

deputacion-malas-linguas-slide-1-marzo-2019-(1)_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 1 de marzo do 2019 –  A terceira xornada de Malas linguas: activando falantes para o século XXI trasládase desta volta a Santiago de Compostela este venres 1 de marzo.
    •  Programa da xornada
    •  Sobre Malas linguas

Compostela, 1 de marzo do 2019 –  A terceira xornada de Malas linguas: activando falantes para o século XXI trasládase desta volta a Santiago de Compostela este venres 1 de marzo.

O Centro Sociocultural do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16) acolle estas Malas Linguas un encontro organizado pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.  Participará o persoal técnico dos municipios da provincia coa intención de afondar na Lingua, infancia e mocidade. Transmisión non familiar da lingua.

O obxectivo desta terceira xornada do programa que comezou o pasado mes de outubro é facer unha diagnose sobre os prexuízos, tópicos e roles que a mocidade contempla con relación ao galego e tamén deseñar políticas de intervención útiles para que a transmisión non familiar da lingua sexa eficaz.

 “Consideramos que no debate desta terceira xornada están algunhas das chaves e ferramentas fundamentais para a normalización lingüística xa que sabemos, pomos por caso, da influencia que o contexto educativo ten no uso do galego nas primeiras idades, nas que, como estamos a ver se está a perder a transmisión e nas que nos xogamos o futuro do galego”, sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, que inaugurará a xornada.

 Programa da xornada

 Ás 10:15 horas, o profesor e activista Séchu Sende afondará na experiencia das Escolas Semente. Xa ás 10:30 horas haberá mesa de debate para analizar as actitudes e percepcións sobre a lingua da mocidade galega coa profesora da Universidade de Deusto, Estibaliz Amorrortu; o profesor e investigador Miguel R. Carnota, e a profesora da Universidade de Heriot-Watt, Bernadette O’Rourke.

A seguir, a profesora de Lingua Galega e Literatura, Pilar Ponte, falará do seu proxecto 21 días co galego, campaña escolar de dinamización lingüística da que é impulsora desde o ano 2013. Pechará a xornada unha escolma de Experiencias inspiradoras na que participarán o presidente da Federación de Ikastolas-Ikastolem Elkartea, Koldo Tellitu; a presidenta da ANPA do CEIP Paraixal de Vigo, Rute Palhares, e o filólogo e escritor Paco Esteve i Beneito. O peche das xornadas será ás 14:00 horas.

 Sobre Malas linguas

 As xornadas, en palabras da vicepresidenta de Deputación, Goretti Sanmartín Rei, procuran «contribuír a abrir un espazo de debate sobre as linguas e afondar na necesidade de que todas as persoas poidan vivir e traballar na súa propia lingua». Participan técnicas e técnicos municipais que traballan a diario en normalización lingüística e políticas relacionadas co galego.

Post navigation

Previous: A Deputación construirá cinco kilómetros de sendas peonís en Negreira
Next: Cayuco hoxe na Casa das Crechas

Máis novas

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.