Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Reportaxes

A Viaxe, unha gastrohistoria real

Falar da gastronomía como dunha viaxe é unha imaxe recorrente. É posible que Santiago teña un dos pouco locais onde esa metáfora convértese en realidade.
A-Viaxe_7119-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Falar da gastronomía como dunha viaxe é unha imaxe recorrente. É posible que Santiago teña un dos pouco locais onde esa metáfora convértese en realidade.
  • Comezando de novo
  • Santiago é Tapas 2018
  • Unha Viaxe non se pode contar

Falar da gastronomía como dunha viaxe é unha imaxe recorrente. É posible que Santiago teña un dos pouco locais onde esa metáfora convértese en realidade.

A Viaxe é unha viaxe por un mundo de sabores que sorprende en cada bocado pero, ademais, é coñecer o resultado da viaxe persoal dos seus propietarios, Tomás e  Bianca.

Comezando de novo

Unha viaxe é sempre un comezo. No caso de Bianca é Tomás é iso pero tamén un final, Tomas cóntanos que despois de moitas voltas polo mundo decidiron afincarse en Compostela e tirar partido da experiencia acumulada

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/01/01_a-viaxe-tomas-rubio-propietario-e-cocinheiro_como-nace-a-viaxe.mp3

Outro tópico que se cumpre é o das voltas que da a vida. Tomás chegou co título de avogado a España e acabou estudando cociña en Lamas de Abade. Os locais nos que despois seguiuse formando son unha incrible referencia

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/01/02_a-viaxe-tomas-rubio-propietario-e-cocinheiro_de-avogado-a-cocinheiro.mp3

Fronte a ridículas historias sobre o pernicioso da emigración, a historia persoal de  Tomás dános unha visión das vantaxes das sociedades multiculturáis en tódolos aspectos pero, en este caso, na gastronomía

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/01/03_a-viaxe-tomas-rubio-propietario-e-cocinheiro_o-que-aporta-a-emigracion.mp3

O choque é nos dous sentidos. Tomás chegou aqui de madrugada e o primeiro que xe puxeron para comer foi algo que o impactou: cocido e caña

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/01/04_a-viaxe-tomas-rubio-propietario-e-cocinheiro_un-cocido-de-madrugada.mp3

Santiago é Tapas 2018

A Viaxe fixo un ano en outubro pasado. Ao pouco de abrir, con moitas cousas aínda por colocar e acondicionar, decidiron participar no SantiagoéTapas 2018 para acabar sendo os gañadores. A participación supuxo para o local a perfecta tarxeta de visita para a cidade

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/01/05_a-viaxe-tomas-rubio-propietario-e-cocinheiro_santiagoetapas-como-presentacion.mp3

A tapa coa que gañaron, Montadiño de tenreira con queixo Arzúa Ulloa, non foi mais que unha aproximación á fusión de cociña peruana, xaponesa e española que querían ofrecer. Foron os propios clientes os que pouco a pouco reclamaron que A Viaxe fora aínda máis lonxe

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/01/06_a-viaxe-tomas-rubio-propietario-e-cocinheiro_cocinha-de-fusion.mp3

Este ano, no mesmo concurso, confirmaron ese bo facer acadando o segundo premio, no apartado de Tapa Tradicional, cun Mexillón viaxeiro.

Na actualidade, xunto a Tomás e Bianca, traballan Edgar, tamén de Perú, Javier, de Punta Umbría en Huelva e que tamén chegou a Santiago por amor, e Dahiana, de Paraguay e que leva vivindo 13 anos en Santiago. Un equipo único para un local único.

Unha Viaxe non se pode contar

Aínda que existe un xénero literario que son os libros de viaxes todos sabemos que unha viaxe non se pode contar. A percepción que o escritor ten é persoal e polo tanto subxectiva.

Na porta de A Viaxe, na Praza do Matadoiro de Compostela, hai unha maceta con tres tipos distintos de pementos. Cando vota froito vense tres colores distintos que indican tres graos de intensidade de picor. Iso antes de entrar.

A cociña que puidemos probar é unha viaxe que hai que facer. Falar dos sabores dos tiraditos, a leite de tigre, cebiche, min pau, ou porco chaarsiu é como intentar describir o que se sinte cando un se tira en paracaídas ou mergulla, non se pode.

O mellor xeito de describir a este local é o que eles mesmo elixiron como sobre nome “unha cociña de matices”.

Post navigation

Previous: Deconstruír o franquismo na Alameda de Santiago
Next: Xuízo contra o propietario de Autobuses de Calo por acoso laboral

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.