Falamos co Coronel Juan Pedro Velázquez-Gaztelu, Comandante Militar Aéreo e xefe do aeródromo que cumpre, xunto co aeroporto civil, 90 anos.

O aeroporto cumpre 90 anos e con ese motivo poderase ver no aeródromo distintos tipos de naves chegadas de toda España así como os equipos que usan e interactuar coas tripulacións.
No ano 1935, o 29 de xullo, inaugurábase o aeródromo de Santiago de Compostela cun festival. Pasarían dous anos, en setembro do 1937, ata que chegara o primeiro voo regular que unía Sevilla, Salamanca e Compostela para partir desde aquí cara Zaragoza.
Esta liña mantívose durante a guerra civil. Xa no 1945 establecíase de xeito permanente un destacamento en Santiago. En estas datas comezan tamén as primeiras obras de acondicionamento en ampliación do aeroporto. Non foi ata 1957 cando se construíu a primeira terminal de pasaxeiros, que ao ser substituída nos anos sesenta por unha nova quedaría para uso do aeródromo militar.

A principal misión do aeródromo hoxe en día é proporcionar apoio loxístico e seguridade ás Unidades Aéreas das Forzas Armadas de España que se despreguen nel, entre as cales están a Ala 37, que corresponde con servizo de vixilancia aduaneira, e o 43 grupo destinado ás campañas contra incendios forestais.
Falamos co actual Comandante do aeródromo, o Coronel Juan Pedro Velázquez-Gaztelu, que comezou con esta xefatura hai un ano. Comezamos preguntándolle por si coñecía Galicia e como se sinte en este ano que leva na nosa terra.
En esta época é obrigado falar do traballo que fan os antiincendios á maxe de que polo momento sexa un ano tranquilo
A xornada de este sábado abrirá o aeroporto á poboación civil desde as dez da mañá ata as tres da tarde. Aproveitamos para preguntar pola complexidade de convivir nun mesmo espazo un aeroporto civil cunha gran densidade de voos e un aeródromo militar.
Para persoas como o Coronel Juan Pedro Velázquez-Gaztelu a profesión é ademais paixón como el mesmo recoñece. Intenta resumirnos algunhas das aeronaves e equipos que poderemos ver este sábado no aeródromo militar; desde o avión de transporte táctico máis grande que ten o exército ata o de ensinanza ao que subirá o vindeiro ano a Princesa Leonor, pasando por dróns ou cazas de combate.



Non podemos deixar de preguntar a un militar experimentado como o Coronel polo contexto internacional. Pese á relativa tranquilidade de Galicia non se pode negar que a deriva política que está tomando o mundo implica, dun xeito ou outro, ao exército.
Polo momento os amantes das aeronaves militares teñen unha oportunidade de coñecer este sábado algunhas das que usa o exército español. Os que conservan alma de neno desfrutaran cuns avións que admirabamos en películas e reportaxes. Non sobra tampouco lembrarlle aos máis críticos o traballo dos antiincendios cada verán no que algúns deixaron a vida.
Guste máis ou menos o exercito en xeral, e o do aire en particular, forma parte da sociedade e coñecelo axuda tamén a opinar sabendo un pouco máis do que se fala. Desde Lindeiros queremos agradecer as facilidades para esta entrevista ao Coronel Juan Pedro Velázquez-Gaztelu e ao seu equipo.
