Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Un 8 de marzo con Mulleres de Compostela

Aínda pendentes de festas gastronómicas e Entroido. Compostela xa mira cara o 8 de marzo e a homenaxe ás mulleres.
mari-luz-fandino-247_w

Table of Contents

Toggle
  • .
  • Compostela, 21 de febreiro do 2022 – Aínda pendentes de festas gastronómicas e Entroido. Compostela xa mira cara o 8 de marzo e a homenaxe ás mulleres.
    • A igualdade
    • Mulleres de Compostela

.

Compostela, 21 de febreiro do 2022 – Aínda pendentes de festas gastronómicas e Entroido. Compostela xa mira cara o 8 de marzo e a homenaxe ás mulleres.

Este 2022 Santiago porá o foco na igualdade e homenaxeará a mulleres e colectivos que forman parte da historia da cidade. O acto central terá lugar na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, o luns 7 de marzo, ás 19:00 h.

Luz Fandiño será unha da homenaxeadas no 8 de marzo

A igualdade

A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou os colectivos e mulleres aos que se dedicará esta xornada.

Un de eses grupos e o das 140 mulleres do Servizo de Atención no Fogar, o SAF, “un servizo excepcional”, segundo a concelleira, que “sempre, pero en especial durante a pandemia, contribuíu e contribúe a mellorar a vida da veciñanza”.

Sara Santos é outras das Mulleres de Compostela

A concellaría de Igualdade cumpriu a finais do 2021 30 anos de traxectoria. A homenaxe terá unha meción especial para o CIM, o Centro de Atención á Muller de Santiago de Compostela, e “in memoriam” a Esther Hermida a primeira avogada que prestou servizos na Oficina da Muller.

Mulleres de Compostela

E as mulleres, Mulleres de Compostela.

Marilar Aleixandre, Escritora, traductora, bióloga e catedrática da USC; Luz Fandiño, poeta e activista social nacida no barrio do Sar;

Marilar Aleixandre

Jose Castro, artesá e Premio Nacional de Artesanía; María de la Fuente, licenciada en Farmacia pola USC, investigadora e co-fundadora da empresa Diversa Technologies;

Sara Santos, empresaria de hostalería; Cleo Martínez Ronda, da asociación Vagalume;

María Deus, veciña de Busto en representación de todas as mulleres do rural; Rosa Cerqueiro, psicóloga clínica do Sergas (Servizo Galego de Saúde);

Hermitas Silva, perruqueira do barrio de San Roque; e Ruth Lorenzo, subcampioa de España de Karate.

Post navigation

Previous: Rosalía de Castro xa ten audiolibros coa iniciativa “Es ti que cantas”
Next: O futuro de Oroso pasa polas axudas á vivenda, os servizos e o emprego

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.