Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Romaría da Flores chega a Belvís na Ascensión

COMPOSTELA ROMARIA DAS FLORES SLIDE 13 MAIO 2025

A festa máis Compostelana de Santiago engade a súa programación unha Romaría das Flores, no parque de Belvís o 31 de maio

A primeira edición da Romaría das Flores nace vinculada ás festas da Ascensión. Unha Romaría que se presenta variada; con actividades infantís, gastronómicas e musicais, unha festa que se estenderá entre a unha da tarde e as doce da noite

As bandas galegas De Ninghures, Tona e Ulex comparten cartel coas francesas Alvilda, os italianos The Peawees e o proxecto gaditano Yeli Yeli. As crianzas terán espazo e programación propia durante o día con propostas coma Uxía Lambona e a Banda Molona e Xogos Miudiño.

Esta primeira edición da “Romaría das Flores” recolle parte do espírito da querida “Romaría pop” cando se cumpriron xa dez anos da súa última edición. 

Programación

A Romaría das Flores será o escenario no que se presenten en concerto Tona. Esta nova banda fai “música da ribeira”, sons populares que se reinventan nunha formación de acordeón, trikititxa, batería, baixo e a voz inconfundible de Miguel Cernadas (Terbutalina).

Tona actuarán no Parque de Belvís nas primeiras horas xusto despois doutro dos grupos que veñen de renovar o panorama musical galego, Ulex. Os composteláns presentan primeiro disco, “Lonxe de ti”. Rock atolondrado, como din eles, con aires cumbieiros e letras que poden ser a banda sonora da mocidade galega. 

A tarde traerá dúas propostas que revisan as súas tradicións con novas sonoridades. Por unha banda chegan dende Cádiz a Compostela Yeli, Yeli, o proxecto do cantaor Álvaro Romero mestura a electrónica con batería en directo, a tradición do flamenco co kuduro.

Pola outra unha das bandas referentes da nova potente e rica escena actual en Galicia, De Ninghures, traerán ao parque de Belvís a frescura da súa ‘Feira’, novo disco e espectáculo que están a presentar esta primavera. 

Xa á tardiña o power pop das francesas Alvilda sorprenderá coa mestura de melodías luminosas, guitarras punk e un particular toque yeyé. Poránnos a bailar xusto antes de que o cuarteto italiano The Peawess peche os concertos da Romaría das Flores co seu garaxe rock e os seus vinte anos de traxectoria que os converten nunha das bandas de referencia do seu estilo na escena europea. A festa rematará cando erga a agulla do último vinilo do día a picadiscos Wanda Buluba.

Ao par dos concertos o Parque de Belvís contará tamén durante a xornada cun espazo de lecer para crianzas dinamizado por Xogos Miudiño e cun concerto despois do xantar de Uxía Lambona e a Banda Molona. 

A “Romaría das Flores” está organizada polo Concello de Santiago, coa produción de Tremendo Audiovisual, co patrocinio principal de Deleite e co apoio de Estrella Galicia, Bodegas Lodeiros e Paco & Lola.

Post navigation

Previous: Lousame, unha crise máis para o PSdeG provincial?
Next: Sobre o CEIP de Ventín e a súa situación

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.