Bisbarra, 14 de maio do 2019 – A Asociación Composcleta ven de presentar un extenso e completo documeco que xustifica e propón unha vía ciclable entre Compostela é o Milladoiro.
O documento é un estudo con datos, mapas e imaxes que permiten facerse unha idea da necesidade da vía e das posibles alternativas. Baixo o epígrafe por que unha vía ciclable? Composcleta explica que dous núcleos de poboación tan importantes como a cidade de Santiago de Compostela e o núcleo de O Milladoiro, a pesar de estar separados por escasos 6 km, non contan cunha infraestrutura de uso público deseñada especificamente para peóns, ciclistas ou usuarios de vehículos destinados a persoas con mobilidade reducida, o que provoca unha situación de risco no desprazarse entre estes núcleos sen usar vehículos motorizados “A proposta encaixa dentro das grandes liñas europeas de fomento da mobilidade sustentable e da redución das emisións de gases de efecto invernadoiro”.
Descarga o documento completo composcleta proposta senda ciclo peonil milladoiro 14 maio 2019_reducido
O documento xustifica coa análise de diversos parámetros que a percepción que os composteláns teñen do uso da bicicleta no ámbito urbano é de risco elevado, isto é debido a que non hai unha circunstancia de acougado real do tráfico, pero tamén a unha falta de experiencia para andar en bicicleta pola cidade. En moitos casos, as persoas que saben circular en bicicleta (porque nunca se esquece) fixérono hai moitos anos e posiblemente nun contexto máis de lecer que de mobilidade. Dispoñer dunha infraestrutura separada da circulación, que é a que orixina ese risco (os automóbiles), pode constituír un
“campo de adestramento” para que eses ciclistas pasen a formar parte do tráfico urbano nun modelo de acougado da velocidade e humanización das rúas.
Trátase dunha ambiciosa proposta que xa tivo algún receptor no marco dos encontros que os partidos políticos teñen estes días cos distintos colectivos e que debería ser unha prioridade para as novas corporacións de ambos os dous concellos.