Compostela, 7 de abril do 2018 – A Asociación Cívica Composcleta organiza para este domingo 8 de abril ás 17.30 un Biciroteiro Feminista que transitará polas rúas da cidade co dobre obxectivo de reivindicar a historia e a vida das mulleres así como o uso da bicicleta como un xeito de transporte sustentable e limpo.
O biciroteiro organizado por Composcleta artellase a través dunha serie de paradas en diferentes partes da cidade nos que unha serie de activistas e profesionais nos falarán de aspectos relacionados coa vida das mulleres desde diferentes perspectivas. Entre outras, haberá convidadas que falarán sobre as mulleres na arte pública, a prostitución, o campo, a participación das mulleres nas Irmandades da Fala, os espazos feministas…
Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos e enmárcase dentro das actividades organizadas dende a Asociación Cívica Composcleta para reivindicar e promocionar o uso da bicicleta en Compostela.
