Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Compañía do Ruído, Pardo e o Kyekyeku no Feito a Man do sábado

compañiadoruido slide 5 agosto 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 5 de agosto do 2017 – Setenta e oito concertos e outras tantas bandas e/ou artistas volven encher as rúas e prazas da Cidade Vella compostelá. Continúa a décimo cuarta edición do Feito a Man, o festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella que terá lugar do 3 ao 30 de agosto, con máis días de programación, máis concertos e máis artistas.
    • Hoxe sábado as 14.00 horas A Compañía do Ruído en Tras San Fiz de Solovio
    • As 20.00h Kyekyeku na Vía Sacra
    • O día pechas as 22.00 con  PARDO na Praza de San Paio

Compostela, 5 de agosto do 2017 – Setenta e oito concertos e outras tantas bandas e/ou artistas volven encher as rúas e prazas da Cidade Vella compostelá. Continúa a décimo cuarta edición do Feito a Man, o festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella que terá lugar do 3 ao 30 de agosto, con máis días de programación, máis concertos e máis artistas.

Hoxe sábado as 14.00 horas A Compañía do Ruído en Tras San Fiz de Solovio

‘A Compañía do Ruído’ é unha banda galega que nace no ano 2002. Con máis dunha década de historia ás súas costas, conta con seis discos no seu haber. Actualmente está traballando na consecución do proxecto musical “O Punchi must go on”. Música, baile, retranca, divertimento e ritmo son os eixes principais do espectáculo.

Destaca a súa musicalidade á hora de combinar a música, o baile, e a instrumentación tradicional galega cos distintos folklores do mundo. Unha recolleita de elementos de cada cultura, que nos transportará a unha viaxe musical irrepetible, partindo dende Galicia con paradas en Irlanda, África, a Península Balcánica, e o Centro e Sur de América, entre outros.

As 20.00h Kyekyeku na Vía Sacra

[columns]
[column size=”1/3″]Chega desde Accra (Ghana) -pronunciado ‘checheku’-, un músico que mestura as músicas tradicionais do oeste africano (Palmwine) con blues, highlife e afrobeat tocados con guitarra acústica e percusión. Kyekyeku foi definido pola CNN como un “mago coa guitarra” e pola BBC como un “guitarrista fabuloso”. [/column]
[column size=”2/3″]

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”41″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”400″ gallery_height=”300″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”3″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

[/column]
[/columns]Tamén a Forbes Africa di del que “é o pequeno príncipe do Palwine”. A súa música tráenos o mellor do palmwine mesturado con highlife e o afrobeat. Agora está en plena xira europe

O día pechas as 22.00 con  PARDO na Praza de San Paio

Despois de formar parte de bandas como The Allnight Workers ou The Loveless Cousins, Néstor Pardo colga a guitarra eléctrica ao lombopara emprender o seu proxecto máis persoal, Pardo.

Baseado nas súas dispares influencias entre o early jazz, o folk americano, o blues e as músicas de raíz, decide rodearse de grandes músicos que lle acompañan na súa andaina co piano, a batería e o contrabaixo.

Co seu último disco “Siento no haber sido lo esperado”, Pardo volve deleitarnos con melodías coidadas, letras cheas de verdade e ritmos con sentimento, fan que este disco sexa o seu mellor traballo ata o momento.

Post navigation

Previous: Cando dimitir, a orde dos factores pode alterar o produto en Ordes
Next: Os DesOrdes Creativas e Sonoras regresan a Ordes

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.