Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Padrón

Comezan as obras de mellora da N-550 en Padrón

Unha imaxe do comezo das obras na N-550 en Padrón

Padrón, 12/06/2026 – O Plan Especial de Reparación e Conservación de Estradas que o Ministerio de Transportes está levando a cabo chegou a Padrón para mellorar a N-550. O obxectivo do Plan é reparar os danos provocados polos temporais do inverno nas estradas galegas competencia do Estado.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o alcalde de Padrón, Anxo Arca, supervisaron o inicio dos traballos de asfaltado na N-550. Estiveron acompañados do xefe da Demarcación de Estradas do Estado na provincia da Coruña, Francisco Prego, e pola tenente de alcalde de Padrón, Chus Campos.

Na visita ás obras, o delegado do Goberno explicou que os traballos constan dun orzamento de 500.000 euros para o tramo padronés da N-550 e da N-550a. Destinaranse 300.000 para a reparación máis urxente e 200.000 para actuacións puntuais e de mantemento. As obras que se están a executar consisten fundamentalmente no fresado e reposición do firme, co obxectivo de mellorar as condicións de circulación e reforzar a seguridade.

Unhas obras “moi necesarias nunha vía de comunicación importantísima para Padrón e para Galicia”, destacou o alcalde, que se amosou moi agradecido “por ver as máquinas xa traballando”. As obras na N-550 durarán “en torno a tres semanas ou un mes se o tempo acompaña e non hai incidencias”.

Os traballos empezaron na circunvalación e seguirán desde a rotonda do Hotel Scala en dirección cara a Santiago. A continuación, está previsto que as obras de mellora continúen tamén na N-550a, a antiga nacional, desde a mesma rotonda e ata a ponte de Pontecesures.

Os traballos de mellora do firme da N-550 ao seu paso por Padrón forman parte das obras de emerxencia que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible executa nas estradas galegas das catro provincias para reparar os danos provocados polos temporais do inverno, realizadas dentro do Plan Especial de Estradas en Galicia, dotado con 167 millóns de euros e que deixa en Padrón 500.000 euros para a mellora do seu tramo da N-550 e da N-550a.

Na súa visita ao municipio padronés, Blanco subliñou que este Plan Especial mobiliza 38 millóns de euros extraordinarios que, sumados ao investimento ordinario, “permiten alcanzar en 2026 a cifra récord de 167 millóns destinados á conservación das estradas do Estado en Galicia, o maior investimento anual da historia recente”.

Melloras na travesía da N-550 por Padrón

En paralelo a estas melloras, Pedro Blanco e Anxo Arca lembraron que o Ministerio de Transportes investirá 3 millóns de euros para transformar a travesía da N-550 en Padrón, entre A Ponte e o centro da vila. As obras converteran esta estrada nunha zona máis segura e adaptada a novas formas de mobilidade, “cumprindo cunha demanda histórica do Concello e da veciñanza”.

En declaración aos medios de comunicación, subliñaron que esta actuación creará unha vía segura e accesible, con espazo para os peóns, carril bici, zonas verdes e mobiliario urbano, que se estenderá ao longo de case un quilómetro entre o centro urbano e o límite coa provincia de Pontevedra.

Post navigation

Previous: Pico Sacro, mitos e lendas
Next: Nova guía turística do concello de Negreira

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.