Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Músicas na linde
  • Noia

Comeza o Noia Harp Fest

 Hoxe iniciase a 13ª edición do Noia Harp Fest, que contará coa estrela da kora Sona Jobarteh, o virtuosismo da escocesa Maeve Gilchrist e o jazz de Park Stickney

noia harp fest 2026 (2)

 Noia, 29/07/2026 – Hoxe comeza a 13ª edición do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (Noia Harp Fest), o único evento cultural do noroeste peninsular dedicado de xeito absoluto a este instrumento.

Ata o sábado 1 de agosto, o Noia Harp Fest acollerá dez concertos, nove de acceso libre e gratuíto, que forman parte dunha programación de notable calidade artística e que aposta pola innovación, a recuperación patrimonial e un forte protagonismo feminino de proxección internacional.

Sona Jobarteh, Maeve Gilchrist, Siobhán Armstrong e a viguesa Beatriz Martínez lideran un cartel no que tamén conviven a Real Filharmonía de Galicia, Park Stickney ou mesmo o estudantado galego do instrumento, como participantes do V Encontro de Escolas e Alumnado de Arpa de Galicia.

O festival comeza hoxe ás 20:30 horas no Teatro Coliseo Noela coa xornada inaugural e o concerto da Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de César Marcos. O gran atractivo da xornada será a estrea mundial de Alén do azul, obra do compositor coruñés Teo Montero Rey (A Coruña, 2005) gañadora da IV convocatoria do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli. A interpretación contará co destacado arpista José Antonio Domené como solista.

Ademais da estrea a RFG tamén interpretará obras de Pietro Mascagni, Edvard Grieg, Mario Castelnuovo-Tedesco e Arnold Schoenberg. As entradas para este concerto, o único de pago do NHF, están á venda en www.ataquilla.com

 A segunda xornada arrancará mañá xoves 30 pola mañá no Liceo de Noia co V Encontro de Escolas e Alumnado de Arpa de Galicia. Un total de 22 estudantes de entre 8 e 18 anos (procedentes de Mayeusis de Vigo, Conservatorio de Torroso en Mos, e as Escolas Municipais de Música de Santiago e ETRAD de Vigo) reuniranse nunha xornada de convivencia no que ofrecerán un concerto aberto e gratuito desde as 13:00 horas e que culminará coa interpretación conxunta dunha peza dirixida pola prestixiosa arpista escocesa Maeve Gilchrist.

A noite do Noia Harp Fest trasládase ao Teatro Coliseo Noela nunha sesión dobre. Primeiro, Maeve Gilchrist ofrecerá un concerto mostrando a súa vangardista fusión de folclore tradicional, jazz e técnicas percusivas. A continuación, estrearase un proxecto inédito e exclusivo producido polo festival: o encontro entre a arpista Beatriz Martínez e a artista sonora e DJ Acacia Ojea, nunha experiencia que explora as marxes entre a música de raíz, a performance e a electrónica.

A xornada do venres 31 repartirase en varios espazos emblemáticos. Ás 12:00 h, a Igrexa de Santa María A Nova) será o escenario do concerto da irlandesa Siobhán Armstrong, gran figura mundial da arpa gaélica antiga encordada en metal, que interpretará obras históricas cunha réplica do instrumento do século XVII.

 En horario vespertino, o Teatro Coliseo Noela acogerá unha dobre sesión de música ao vivo. Primeiro, subirá ao escenario a Banda do NHF xunto a Su Garrido Pombo. A agrupación residente do festival interpretará a obra da cantautora galega xunto a dez arpas e arranxos escritos expresamente para a ocasión por Rodrigo Romaní.

De seguido, o estadounidense Park Stickney pechará a noite xunto ao seu trío ‘Gustaf, Frederick & Isabel’ (co saxo tenor de Araxi Karnusian e o baixo de Björn Meyer). Stickney, referente mundial da arpa electroacústica e a técnica de pedais, ofrecerá unha viaxe imaxinaria polo jazz e a improvisación contemporánea.

Finalmente, o sábado 1 de agosto o NHF porá o ramo á 13ª edición con propostas de enorme valor patrimonial e artístico. Manuel Vilas e Entrebescant ofrecerán na Igrexa de San Francisco un concerto histórico utilizando en exclusiva as sete réplicas dos instrumentos medievais esculpidos no século XV na Arquivolta de San Martiño de Noia (arpas, rabel, violas e salterios), froito do proxecto de investigación do festival e do Concello.

Pola súa banda, a arpista Neleta Ortiz e o violonchelista Thomas Piel (en colaboración con AEDA) presentarán en primicia e en exclusiva, no Claustro de San Francisco, a recuperación dunha obra inédita para arpa e chelo do prestixioso compositor italiano Enrico Mainardi. Estes dous concertos contan coa colaboración da Asociación Española de Arpistas (AEDA).

O festival despedirase pola noite e ao aire libre no escenario máis amplo e emblemático do evento, a Praza do Tapal, coa actuación de Sona Jobarteh. A artista gambiano-británica, primeira muller solista de kora procedente dunha dinastía de griots e doutora honoris causa por Berklee, pechará a 13ª edición cun potente directo de afropop, tradición mandinga e activismo cultural. 

Noia Harp Fest

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (Noia Harp Fest) é unha iniciativa promovida por Nalgures Producións e cuxa dirección artística recae na Asociación Cultural Noia Harp Fest.

O evento conta co apoio do Concello de Noia e da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia e do proxecto Concertos do Xacobeo. Tamén colaboran a Sociedade Cultura Recreativa Liceo de Noia, a Asociación Española de Arpistas (AEDA) e a Deputación Provincial da Coruña e Acción Cultural Española.

Programación completa do Noia Harp Fest

29.07, Teatro Coliseo Noela | Real Filharmonía de Galicia e José Antonio Domené. Estrea de ‘Alén do azul’, gañadora do Premio Portus Apostoli 2025 *

30.07, Liceo de Noia | V Encontro de Escolas e Alumnado de Arpa de Galicia

30.07, Teatro Coliseo Noela | Maeve Gilchrist

30.07, Teatro Coliseo Noela | Beatriz Martínez e Acacia Ojea *

31.07, Igrexa de Santa María A Nova | Siobhán Armstrong

31.07, Teatro Coliseo Noela | Banda do NHF con Su Garrido Pombo *

31.07, Teatro Coliseo Noela | Park Stickney: Gustaf, Frederick & Isabel Trio

01.08, Igrexa de San Francisco | Manuel Vilas e Entrebescant

01.08, Claustro de San Francisco | Neleta Ortiz *

01.08, Praza do Tapal | Sona Jobarteh

* Inclúen estreas absolutas

Post navigation

Previous: Mirando cara o Outono Códax Fest
Next: Compostela terá un banco de recursos para a infancia

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.