Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Comeza o Banquete de Conxo 2026

Cartel do Banquete de Conxo 2026

Compostela, 22/05/2026 – A Festa do Banquete toma o relevo da Ascensión e enche de actividades e troula desde hoxe a Carballeira de Conxo e a praza de Aurelio Aguirre ata o domingo.

O centro de este venres será o Pequeno Banquete. Escolares da zona asistirán á representación teatral dos Quinquilláns sobre o acontecido no Banquete de Conxo en 1856, co acompañamento musical de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Continuará a xornada cun percorrido de Cantos de Taberna por distintos bares do barrio de Conxo. Será ás 21:00 h e contará coa participación dos grupos Colexiata de Sar,  Muiñeiros do Sarela, Cantador@s de Recandea e D’hoxenunano.

Sábado

Mañá sábado a programación centrarase na praza de Aurelio Aguirre e estará especialmente dirixida ao público infantil e familiar. Para a cativada haberá xogos populares en horario de mañá e de tarde.

Celebrarase o Mercado do libro e da artesanía, unha mostra de oficios con diversas actividades de dinamización e espectáculos para público familiar, ademais dunha sesión vermú coa participación das bandas que ensaian no Centro Xove Acid Roots e W3ird Nois3. Tamén volverá a Festa da Poesía, unha sesión de canto fraterno con algunhas das corais da cidade, así como a ruta literaria con Quique Alvarellos, titulada As voces do Bosque.

Domingo

No gran día da Festa do Banquete, o domingo 24, continuarán o mercado do libro, da artesanía e a mostra de oficios; haberá diferentes actividades para as nenas e nenos como actuacións de maxia ou xogos infantís, e tamén propostas musicais durante toda a xornada.

Os actos centrais serán o desfile teatralizado con Os Quinquilláns, que sairá ás 11:00 h da praza do Toural, e a posterior comida de confraternidade. Neste 2026 as parroquias convidadas son O Eixo e Vidán, encargadas de dar o pregón de benvida no día grande. Correrá a cargo de Nuria González Casais e Maika González Rozas, da Asociación de Veciños Mestra Victoria Míguez de Vidán, e de integrantes da asociación de veciños Domingo Cepeda do Eixo.

O remate dun día tan especial, sobre as 19.00 h, comezará con brindes a cargo de Celia Pinaque, da Asociación de Veciños Mestra Victoria Míguez de Vidán, de integrantes da asociación de veciños Domingo Cepeda do Eixo, e do Centro Down Compostela. O pregón de peche final corresponderalle ao escritor e profesor Manolo Portas.

Residuos cero

Un dos principais obxectivos do Banquete deste ano e converterse nun evento ‘residuos cero’ que minimice o impacto ambiental dunha festa con tan elevado número de participantes, en liña coa idea de impulsar un Concello sustentable en todo o seu conxunto.

Deste xeito, repartiranse folletos informativos acompañados de bolsas compostables para a separación de residuos e reforzarase a sinalética informativa co lema ‘deixa o bosque igual que cando chegamos’.

No recinto só haberá colectores marróns para depositar os restos de materia orgánica e incidirase no compromiso das persoas asistentes de utilizar as zonas de separación de residuos situadas en catro localización á saída do recinto: Fervenza, Suarribas e as dúas saídas do aparcamento do Provincial.

Acceso á zona de mesas

Ademais dos lugares reservados para as persoas participantes no desfile, instalaranse mesas e cadeiras para arredor de 1500 persoas. A zona habilitada quedará pechada e vixiada ata as 9 h do domingo 24 e a partir desa hora o acceso para ocupar as mesas será libre. Ademais do mobiliario habilitado polo Concello, o público pode levar mesas e cadeiras para unirse á romaría.

Como achegarse Para achegarse ao Banquete, ademais das múltiples sendas que vertebran a cidade e do reforzo de servizo de autobuses públicos, tamén se contará, de novo, co Tren do Banquete, un atractivo xeito de coñecer as rúas principais da cidade nun medio de transporte pouco habitual.

Post navigation

Previous: A Asociación Vagalume presenta “Volveredes brindar por min. unha biografía de Begoña Caamaño”
Next: Apoio da Deputación da Coruña ás asociacións do rural

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.