Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

O comercio de Compostela xa ten un mapa propio na internet

SONY DSC

SONY DSC

Compostela, 12 de abril do 2017 –  A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou o novo enderezo electrónico posto en marcha polo Departamento de Comercio para amosar a oferta comercial da nosa cidade.

SONY DSC

Marta Lois destacou que “o Mapa Comercial é unha ferramenta en constante evolución, na que imos incorporando información practicamente a diario”. De momento son 71 os comercios adheridos tras unha primeira toma de contacto por parte do Concello cos comercios de Santiago. En todo caso para participar, tal e como sinalou a concelleira, “é preciso que as persoas propietarias cubran e envíen o formulario dispoñible na web, no apartado Novo comercio”.

Funcionamento

O enderezo electrónico onde se pode consultar a información detallada dos comercios de Santiago é mapacomercial.santiagodecompostela.gal. O seu uso é moi sinxelo e intuitivo. As persoas usuarias, así como os propios comercios, poden consultar información sobre calquera establecemento introducindo o seu nome na web. Ademais, esa busca tamén se pode facer por rúas ou barrios concretos, así como en relación a sectores comerciais.

Unha vez realizada a procura, o Mapa Comercial indica a posición exacta dos establecementos sobre un plano e ofrece información de interese relativa aos mesmos: galería fotográfica, datos de contacto, características e outra información complementaria que ofrece unha foto fixa do que sería a oferta comercial compostelá.

Das consultas realizadas polos usuarios será posible exportar datos como zonas comerciais máis visitadas, comercios máis buscados, etc. A aplicación conta cun manual de usuario descargable para axudar ás persoas interesadas a navegar pola aplicación.

Post navigation

Previous: Oroso únese a rede de rexistros oficiais do estado
Next: O BNG pídelle a un concelleiro de Vedra que renuncie a acta “por non compartir o proxecto político do partido”

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.