Bisbarra, 30 de outubro do 2023 – A parlamentaria socialista Noa Díaz denunciou o “abandono á viceñanza da comarca do Sar” nos Orzamentos da Xunta para o próximo ano.
A responsable socialista mantivo un encontro en Padrón co alcalde desta localidade, Anxo Arca, o tenente de alcalde de Dodro, Ramón Abuín, e o portavoz municipal do PSdeG de Rois, Manuel Regueira, para analizar as contas da Xunta para o Sar.
Díaz criticou que os investimentos previstos polo goberno galego para actuacións de saneamento nos concellos de Padrón e Rois son exactamente os mesmos que veñen orzamentando a lo menos dende 2021, pero que nunca executan e que cada ano aparecen máis minguados.
O teniente de alcalde de Dodro, Ramón Abuín, denunciou que leva anos sen sequera figurar nos Orzamentos da Xunta malia que existe un proxecto de saneamento de Dodriño e Vigo dende o ano 2019.
O alcalde de Padrón, Anxo Arca, sinalou que a Xunta vai “moi atrás na atención ás necesidades dos veciños e veciñas”, xa que a única actuación que figura é a ampliación do saneamento en Herbón, Pazos, Aduana, Paraíso e Palomar, asinado polo anterior goberno socialista hai 12 anos e que están a comezar agora. Sinalou que aínda non puxeron en marcha a xestión de inundación dos ríos Sar e Ulla, malia que leva dous anos incluído nos Orzamentos.
O portavoz socialista no Concello de Rois, Manuel Regueira, explicou que as obras de mellora do saneamento previstas para Urdilde e Sorribas, que chegaron a contar cun orzamento previsto de 915.000 euros no 2022, nunca foron executados, e reduciron o seu peso ata os apenas 298.082 euros previstos para o ano 2024.