Compostela, 19 de marzo do 2018 – As sete de esta tarde os Luns do Ateneo acollen unha charla sobre as curiosidades do Codice Calixtino imprtida por Xosé Carro, membro correspondente das Reales Academias españolas de Historia e Bellas Artes.
A charla leva por título: Curiosidades editoriais do Codex Calixtinus, tesouro bibliográfico do fenómeno Xacobeo. O conferenciante, Xosé Carro Otero, é médico, antropólogo, docente e académico, ademais de destacado investigador da historia e da arte, especialmente das compostelás. As súas principais áreas de investigación son a anatomía, a antropoloxía física e a historia da medicina.
Carro Tamén realizou numerosas investigacións antropolóxicas sobre a poboación galega actual, analizando os grupos sanguíneos do sistema AB0, e os dermatóglifos palmares e dixitais. Pronunciou cerca de 900 conferencias en máis de 14 países, a maioría delas sobre antropoloxía, historia da medicina e hidroloxía médica e en 1993 ingresou na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, ocupando a Cadeira de Historia da Medicina, sendo o seu presidente dende 2014.
Xosé Carro é tamén Asesor Especial do presidente da Xunta de Galicia e membro correspondente das Reales Academias españolas de Medicina, Historia e Bellas Artes, das portuguesas das Ciências e Belas-Artes e da dominicana de Historia, así como Académico de Mérito da portuguesa de Historia.