Casimiro García é o presidente do Club Motociclista Teo, no próximo mes de setembro serán os encargados de organizar unha proba do Mundial de Trial que traerá a bisbarra máis de 80 pilotos de todo o mundo. En esta reportaxe coñecemos o club e o que se lles ven enriba.
O trial de motociclismo é unha disciplina na que os pilotos deben superar obstáculos sen tocar o chan co corpo nin caer. As habilidades esenciais son o equilibrio e a planificación dos movementos para avanzar no percorrido. O trial disputase en zonas naturais, polo que os obstáculos son pedras, madeiros de árbores, regueiros e barrancos.
O Club que preside Casimiro naceu no ano 2008 “naceu para participar nas probas do campionato galego, comezamos sendo un grupo de 5 pilotos e cunha masa social de 18 persoas. o crecemento levounos a formas parte da asemblea xeral da Federación galega de Motociclismo e a ter unha persoa na comisión de trial e un representante na asemblea de pilotos. O club organiza na actualidade probas do campionato galego, do infantil de trial e de mostos clásicas, non so en Teo se non tamén e Carnota ou Rianxo”.
Este ano quixeron ir un paso máis alá e decidiron solicitar unha proba do campionato de España que disputouse o pasado mes de xuño cun éxito que demostrou a capacidade do Club como ente organizador de este tipo de eventos. Eses bos resultados son os que, sen pretendelo, levounos a organizar a proba mundialista
[columns]
[column size=”1/2″]
[/column]
[column size=”1/2″]“desde a Federación Galega puxéronse en contacto con nos o pasado 21 de xullo para explicarnos que a proba do Campionato do Mundo de Jeréz estaba a piques de ser cancelada e que existía a posibilidade de celebrala aquí. En Galicia a Federación pensaba en primeiro lugar en Baiona xa que o Club da localidade tiña no calendario por esas datas unha proba do campionato de España. Por problemas internos do concello ó coincidir as datas con outros eventos Baiona renunciou e déusenos a posibilidade xa que víñamos de deixar moi boa imaxe coa proba nacional”.[/column]
[/columns]
O Club vive un bo momento e a organización de este evento e unha oportunidade única “hoxe en día temos unha masa social de 150 persoas pero socios de cuota so 45; temos 17 pilotos no campionato galego e un no de España, e temos tamén un piloto de infantil; optamos a varios títulos nas distintas categorías como veu sucedendo os últimos anos. Nos gustaría que polo menos tiveramos algunha xente máis que axudara aínda que sabemos que teñen ocupacións e non se pode facer nada”.
O bo do trial e que o adestramento e a base “aquí non se compran evolucións de coches, evolucións de motos, aquí faino todo o adestramento. É un deporte de moito equilibrio e moita técnica, cando mellor esteas fisicamente mellor porque son probas de 4 e 5 horas. A idade mínima é de 6 anos pero por exemplo o máis maior que temo competindo está en torno aos 47 anos, así que calquera idade é boa”.
A cita en setembro, o 7 chegarán os primeiros pilotos que estarán toda a semana por terras da bisbarra e competirán a partir do venres 11 nas zonas que o Club está estes días habilitando.