O Club nace no ano 1986 polo que no o vindeiro ano cumprirá 30 anos de historia e de iso vai esta reportaxe. Falamos con Alberto Viaño que é o actual presidente que nos conta un pouco das dimensións do grupo na actualidade “na actualidade temos 40 fichas de piragüismo e unha sección de BTT na que están unha 20 persoas, en total cerca de 60 persoas; a finais de ano a cifra sole subir despois do cursos de iniciación que facemos en verán, sempre se suman uns 30 rapaces máis que se incorporan o ano seguinte, temos categorías desde benxamín e alevín ata veteranos”.
O club participa en tódalas competicións e acaba de conseguir que unha rapaza participe nun campionato do mundo que se celebrará en Portugal “hai 3 ligas; a provincial na que o ano pasado quedamos cuartos, a liga galega na que quedamos de 17 e a liga nacional na que quedamos de 33; precisamente Irene Mirás, unha das nosas rapazas, que estuda no centro de tecnificación de Pontevedra onde está becada, conseguiu un posto no campionato do mundo junior e sub 23 que se celebrará en Portugal”
Os rapaces non teñen que comprar nada para formar parte de Ribeiras do Tambre xa que o Club suministralles todo o material aínda que iso fai que os orzamentos sexa o máis delicado “contamos co apoio do concello de Ames, o máximo apoio xa que sen el non poderíamos levar a cabo a actividades, pero tamén da Deputación e da Xunta”. Para Alberto o máis importante do Club son os valores que se transmiten os máis pequenos “o compañeirismo, o da colaboración, o coidado do material, cousas que farán deles mellores rapaces de cara o futuro”.
Pero non todo e doado, o traballo das centráis eléctricas que se nutren do río fan que o caudal do non chegue para entrenar “en 72 horas temos pasado de ter auga suficiente a que non chegue ao mínimo imprescindible, a central eléctrica so pensa en xerar enerxía”; cando isto sucede se desprazan ata 7 kilómetros río abaixo, para poder entrenar na parede do embalse, e cargan coas piraguas o lombo uns 300 metros ata a borde da auga. Sen duda o espírito de sacrificio aparece sempre aínda que en este caso sexa fora da auga, o terreo natural destes xoves piragüistas.
info@ribeirasdotambre.es #ribeirasdotambre https://www.facebook.com/ribeiras.dotambre