Padrón, 18 de xuño do 2018 – O CC Padronés Cortizo-Anova quedouse as portas da vitoria pero levouse o segundo e terceiro posto na Volta ao Ribeiro Termal.
A conxunto padronés, moi presente en toda a xornada, destacou con Samuel Branco escapado en solitario durante o ecuador da carreira e con Estévez e Nanclares á cabeza cara ao final da proba. A vitoria escapóuselle a Aser Estévez ao saírse nunha curva cando conseguira unha pequena vantaxe sobre os seus compañeiros. Aínda así, os dous corredores do equipo conseguiron subirse ao podio en segunda e terceira posición respectivamente.
III Trofeo E. L.M. Bembrive de Ciclismo Infantil
As categorías inferiores desprazáronse pola súa banda o sábado a Bembrive para disputar o III Trofeo Bembrive de Ciclismo Infantil. As mulleres do Cortizo-Anova destacaron nesta ocasión, coa vitoria de Laura Tenente en cadete e un meritorio terceiro posto para Elsa Montenegro en alevín.