Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Ricardo III, Medea e o Gaias

Visita Clásicas DesfeitasCidade da Cultura de GaliciaRocío Cibes30/01/2025

Visita Clásicas Desfeitas Cidade da Cultura de Galicia Rocío Cibes 30/01/2025

Compostela, 5 de febreiro do 2025 – O ciclo Clásicas Desfeitas, que organiza a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, propón dúas novas creacións que revisan a mundo de Ricardo III e do mito de Medea.

Visita Clásicas Desfeitas Cidade da Cultura de Galicia Rocío Cibes 30/01/2025

Clásicas Desfeitas é unha iniciativa do Centro Dramático Galego en colaboración coa Cidade da Cultura. En esta ocasión as pezas propoñen dúas visións máis humanas de Ricardo III e Medea e serán estreadas este mes no Gaias.

Mala vida e pior morte do rei Ricardo III é o título da peza que compón o volume XII das Clásicas desfeitas. A compañía Excéntricas coloca ao actor e dramaturgo Evaristo Calvo na pel do monarca inglés para contarnos unha versión da súa vida que confronta a da traxedia teatral de William Shakespeare e combina humor, lirismo e un marcado tenebrismo na súa posta en escena.

A baixo-cuberta do edificio da Biblioteca de Galicia será o singular escenario do Gaiás no que se presentará a obra ao público os días 21 e 22 de febreiro, con dous pases ás 18,00 e ás 20,00 horas cada día.

Residencias artísticas do Gaiás

Na creación da peza participa un colectivo artístico amplo e multidisciplinar que está a traballar estes días no marco das Residencias Artísticas do Gaiás. Ao cargo da dirección escénica están o seu intérprete, Evaristo Calvo, o director, actor, improvisador e pallaso Antón Coucheiro, e a directora e creadora Alessandra García, gañadora do Premio Max das artes escénicas e do premio El Ojo Crítico de Teatro de RNE en 2022.

A poeta e escritora María Lado participa con Evaristo Calvo na dramaturxia da obra, e a produción conta co asesoramento da recoñecida directora Ana Vallés na parte teatral, e da profesora e investigadora da USC, Cristina Mourón Figueroa no apartado histórico.

Unha nova Medea

A segunda obra que completa esta edición do ciclo será Medea–Mamá–Monstro, volume XIII de Clásicas desfeitas, creación da actriz e produtora Helena Varela e a dramaturga Laura Porto. Unha experiencia escénica que mestura o falso documental co freak show para reunir as pezas coas que compoñer un retrato máis complexo da personaxe mitolóxica.

Arquetipo da muller que consuma unha terrible vinganza en resposta á traizón do seu namorado, para construír esta nova Medea as artistas recorren a fontes literarias diversas, aos testemuños de veciñas e familiares, como os seus fillos, avós ou o seu ex-marido, Xasón, e incluso a un intento de resucitala empregando a robótica.

A obra terá dúas funcións, os días 28 de febreiro e 1 de marzo, ás 19,00 horas, e empregará como escenario as zonas de almacén do viveiro e espazo de incubación de proxectos do Centro de Emprendemento Creativo.

As entradas para Mala vida e pior morte do rei Ricardo III e para Medea–Mamá–Monstro están xa á venda, a un prezo de 9 €, en Ataquilla e no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás.

Post navigation

Previous: Eólica Así NON! retoma as mobilizacións
Next: Un paso de peóns para as Rodas

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.