займ срочно

Cineuropa 35 terá sección competitiva

0

Compostela, 4 de novembro do 2021 – A trixésimo quinta edición de Cineuropa da o salto e será un Festival Competitivo cun palmarés para novos cineastas.

Cineuropa centrará a competición e primeiras e segundas películas para distinguirse de outros certames. Esta sección amplía e complementa os galardóns do xurado novo e do público que se manteñen.

A 35º edición de Cineuropa foi presentada polo alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o deputado de Cultura da Coruña, Xurxo Couto, e o director de Cineuropa, José Luis Losa. O Festival celebrarase do 8 ao 24 de este mes en distintos espazos da cidade (Teatro Principal, Salón Teatro, NUMAX, Multicines Compostela, Museo das Peregrinacións e Sala Mozart do Auditorio de Galicia).

Proxectaránse 161 películas, das cales 88 serán gratuítas. A principal novidade, o salto a festival competitivo, contará con doce títulos que chegan con todos os parabéns de Sundance, Cannes ou Locarno. Destes doce, nove serán estrea absoluta en España. Un xurado internacional integrado por Gabriela Guillermo, directora; Imma Merino, xornalista e crítica de cinema, e o cineasta compostelán Alfonso Zarauza será o encargado de elixir mellor película, dirección, guión, actor e actriz protagonista da sección Nov@s Cineastas.

Así mesmo, o público seguirá elixindo como cada edición o seu filme favorito, que será anunciado na cerimonia de clausura do día mércores 24. Outros galardóns que volven, logo dun ano de obrigado repouso, son os outorgados polo Xurado Novo, composto desta vez por un grupo de catro mozas e un mozo de entre 18 e 25 anos que valorará ao redor dunha vintena de filmes das diferentes seccións.

 

Premios #Cineuropa2021

Os premios a persoeiros do cinema que cada ano ofrece o festival, recaerán este ano no cineasta israelí Navad Lapid, na actriz Verónica Forqué e no realizador galego Alberte Pagán. Navad Lapid é o cineasta máis premiado en festivais internacionais nos dous últimos anos, ao conseguir o Oso de Ouro na Berlinale de 2019, por Synonymes, e o Gran Premio do Xurado en Cannes 2021 con O xeonllo de Ahed, filme que se proxectará trala cerimonia do seu tributo o próximo dia 9.

Na gala correspondente ao premio a Verónica Forqué, o martes 16, proxectarase Kika, de Pedro Almodóvar, co que a actriz acadou o Goya á mellor interpretación, un dos catro que gañou e que a converten na intérprete mais premiada na historia da Academia.

Finalmente na gala do tributo a Alberte Pagán o xoves 18 proxectarase Bs. As., filme que competiu no Festival de Xixón e no Punto de Vista, entre moitos outros certames.

Cineuropa dedica este ano a sección temática ao totalitarismo baixo o epígrafe 1971, o ano das armas. Fernando Fernan Gómez terá unha retrospectiva ao igual que Alberte Pagán. Dado o carácter tan restrinxido da edición 34º o festival recupera algúns dos títulos máis salientables, unha escolma de filmes que aínda non foron estreados comercialmente e que, polo tanto, manteñen ese selo de inéditas para o público deste ano.

Outro dos retornos máis agardados é o do maratón, unha gran festa de case doce horas de cinema en sesión continua que foi tremendamente botada en falta polo público da pasada edición. Iso si, tal e como manda a actual normativa hixiénico sanitaria, non se poderá comer dentro da sala durante todo o transcurso do evento.

Cineuropa en Filmin

En concordancia aos novos tempos, o certame tamén porá a disposición do público unha escolma de 16 títulos de diferentes seccións que estarán dispoñibles para o seu visionado na plataforma Filmin.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies