Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ames

Cinema Miúdo abre a convocatoria internacional de curtametraxes

Unha imaxe da edición 2025 de Cinema Miúdo

Ames, 22/05/2026 – Do 12 ao 15 de novembro de 2026, o Concello de Ames volverá converterse nun punto de encontro internacional para o cinema infantil coa celebración da novena edición do Festival Internacional de Cinema Infantil Cinema Miúdo.

O certame, organizado polo Concello de Ames, abre a convocatoria para a recepción de curtametraxes que formarán parte da súa programación oficial. Premendo nesta ligazón podes ver o vídeo resumo da edición de 2025.

A convocatoria de Cinema Miúdo está dirixida a persoas creadoras, produtoras, asociacións e colectivos de calquera nacionalidade que desexen presentar obras orientadas ao público preescolar e infantil. Poderán inscribirse curtametraxes realizadas a partir de 2024, cunha duración máxima de 25 minutos e que promovan valores como a igualdade, a diversidade e a non discriminación.

As obras seleccionadas integraranse nas tres seccións competitivas do festival. A categoría Axóuxeres incluirá curtametraxes de ata 10 minutos dirixidas a nenos e nenas de entre 2 e 7 anos, mentres que Buxainas estará destinada a público maior de 7 anos e admitirá pezas de ata 25 minutos. Ademais, a sección Escolares reunirá títulos orientados a espectadores e espectadoras de entre 2 e 15 anos.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 7 de agosto de 2026 ás 23:59 horas. As curtametraxes poderán enviarse a través da plataforma Festhome ou de maneira gratuíta mediante o formulario dispoñible na web oficial do festival, cinemamiudo.gal. O festival repartirá dous Premios do Xurado dotados con 500 euros cada un e tres Premios do Público cunha contía de 200 euros.

A edición de 2025, a máis multitudinaria da historia do festival

Cinema Miúdo afronta esta nova edición tras o éxito acadado en 2025, cando preto de 2.000 persoas participaron nas distintas actividades programadas ao longo de catro xornadas, convertendo aquela na edición con máis público da historia do festival.

Tamén se rexistrou unha participación récord nos pases escolares, aos que asistiron preto de 800 nenos e nenas de nove centros educativos do concello de Ames. Como novidade, o festival estreou un novo formato nos centros educativos, un obradoiro de cine impartido por Coral Piñeiro.

Post navigation

Previous: Os traballadores de Nestlé Pontecesures buscan apoios no Parlamento
Next: A Asociación Vagalume presenta “Volveredes brindar por min. unha biografía de Begoña Caamaño”

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.