Compostela, 2/07/2026 – Despois do éxito no 2025, e as renovadas peticións nos orzamentos participativos de Compostela, o cine ao aire libre na Alameda de Compostela volven este mes.
Desta vez, o ciclo traerá á pantalla grande grandes clásicos dos anos 90. A actividade é de acceso libre e de balde. O cine ao aire libre volveu ser unha das propostas máis votadas polos mozos e mozas no proceso dos Orzamentos Participativos Compostela Decide, impulsados desde a área de Xuventude.
O ciclo vaise desenvolver do 6 ao 9 de xullo, e as proxeccións serán ás 22.30 horas na Alameda, na zona das escaleiras máis próximas á escola infantil de Santa Susana.
As películas
As películas que se poderán ver no ciclo foron seleccionadas tamén nun proceso de votación aberto nas redes sociais do departamento de Mocidade. Os catro títulos elixidos foron “A vida é bela”; que se poderá ver o luns 6; “O show de Truman”, que se proxectará o martes 7; “Thelma & Louise”, para o mércores 8; e “Eduardo Manstesoiras”, prevista para o xoves 9.
Pantalla para o Mundial de fútbol
Dentro do proceso dos Orzamentos Participativos, a proposta máis votada polos mozos e mozas foi a instalación dunha pantalla para ver os partidos do Mundial de fútbol. O encontro de hoxe entre España e Austria poderase ver na pantalla que estará localizada na Praza da Constitución, mentres que para o partido do día 6 de xullo, o lugar elixido é o parque das Cancelas, na esquina entre a avenida de Xoán Paulo II e a avenida do Camiño Francés.
