Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Continúan os problemas no Psiquiátrico de Conxo

Un ano despois os problemas no Psiquiátrico de Conxo a CIG lembra que no se tomaron medidas e que os problemas continúan.
cig-violencia-psiquiatrico-conxo-slide-16-setembro-2021_r

Compostela, 26 de decembro do 2022 – Un ano despois de denunciar ante a inspección de traballo os problemas no Psiquiátrico de Conxo a CIG lembra que no se tomaron medidas e que os problemas continúan.

O pasado mes de outubro Inspección de Traballo requiríalle á Xerencia da Área sanitaria que adoptara medidas médicas e organizativas. O sindicato CIG denuncia que no canto de atender a demanda o que tratan de facer co Psiquiátrico é “invisibilizar as deficiencias e non presenta un  proxecto real no que definan cambios substanciais tanto a nivel estrutural, como organizativo e médico”.

CIG-Saúde de Santiago e Barbanza acusa á xerente, Eloíña Ñúñez, de “seguir instalada na súa política de anuncios e propaganda, que non se traduce en medidas reais”. Como exemplo, expoñen o investimento anunciado de medio millón de euros dentro dun Plan de Saúde Mental da área sanitaria “que se esqueceron de deseñar, e que ninguén sabe onde foron invertidos os cartos”.

Imaxe de arquivo das denuncias das traballadoras

Agresións físicas

Os problemas agrávanse e desde o sindicato explícase que en un mes chegaron a producirse tres agresións ao persoal na mesma unidade nun só mes, debido á falta de persoal para os coidados necesarios.

Tampouco, din, hai un proxecto real de cambio estrutural, organizativo e médico. CIG denuncia que desde a Xerencia non se lle avalía a xefatura o xefe de servizo, permitindo que leve anos nunha situación irregular, non crea un plan de garantía de calidade e plan funcional para o Hospital Psiquiátrico que defina recursos materiais necesarios e dotación de recursos humanos coa creación dun plan de necesidades de persoal.

As salas non contan con persoal suficiente e de todas as categorías, non se estabilizan prazas, chegando a extremos de quedar quendas con dúas TCAE para 20 pacientes que precisan especial coidado. E non se fai un plan de formación especifico e axeitado ao que poida acceder todo o persoal, fixo e contratado, centrado no coidado das usuarias/os e que desnaturalice a contención mecánica.

Non se crean equipos multidisciplinares formados por todo o persoal das diferentes categorías das unidades, para poder traballar nun coidado integral das/os usuarias/os. Nin protocolos internos que favorezan a planificación e organización do traballo diario, como protocolo de traslados e acompañamento de pacientes, guía de acollida do persoal de nova incorporación, protocolos asistenciais, …

A Xerencia tampouco ten en conta a opinión e as achegas que poidan ter as traballadoras por medio de reunións formais para a mellora das deficiencias.

Xunto a isto, non modifica o sistema de desbotamento de roupa sucia que se fai a través dun oco común entre as plantas, provocando risco de caída a distinto nivel de ata catro metros;non proporciona a uniformidade o persoal dende fai máis de dous anos; e nin sequera obriga a empresa concesionaria do servizo de limpeza a cumprir co prego de condicións, vulnerando así a hixiene básica, como por exemplo non limpándose os cuartos de baño de zonas comúns nas quendas de tarde.

Post navigation

Previous: Reclaman unha nova escola de infantil para Extramundi en Padrón
Next: Denuncian o derrube de balos no Camiño Inglés ao seu paso por Ordes

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.