Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Convocan folga indefinida nos servizos de axuda no fogar

CIG-Servizos ven de convocar folga indefinida nos servizos de axuda no fogar a partir do vindeiro dous de novembro.
touro-marea-axuda-no-fogar-slide-27-febreiro-2020_r

Bisbarra, 26 de outubro do 2022 – CIG-Servizos ven de convocar folga indefinida nos servizos de axuda no fogar a partir do vindeiro dous de novembro e unha concentración este xoves diante das empresas.

A secretaria nacional, Transi Fernández, manifestou o rexeitamento da central sindical ao preacordo asinado por CCOO e UGT porque contempla subas salariais por debaixo do IPC. Na práctica isto supón unha dobre escala salarial, para as traballadoras de axuda no fogar, en función do concello no que se traballe.

O convenio leva sen negociarse desde o 2011. Cada ano incrementábase o salario segundo o IPC. O ano pasado a patronal asociouse, tras anos traballando por separado, presuntamente pola chegada do IPC ao 6,5 % que tería que aplicarse desde primeiros de este ano.

Segundo explicou Fernández, a asociación estatal existía e a asociación galega decidiu volver a conformarse con empresas con sede en Galiza. Isto permitiu constituír a mesa de negociación, na que se puxo de manifesto que a maioría da patronal non estaba aplicando o 6,5% de incremento salarial, en función do IPC, como tiña obriga de facer.

Coa mesa constituída, as patronais estatais e galegas anunciaron que non aplicarían ese incremento até que se asinara o convenio colectivo e que o farían con carácter retroactivo. O Consello Galego de Relacións Laborais, CGRL, convoca entón ás partes a solicitar unha mediación presidida polo Xefe Territorial, Demetrio Fernández.

Dobre escala salarial

Na xuntanza a patronal propuxo crear unha dobre escala salarial, con dúas táboas diferenciadas. Isto vai provocar, segundo denunciou a secretaria nacional de CIG-Servizos, que ás traballadoras dun concello, no que non se vai sacar o novo concurso até dentro de dous anos, se lles apliquen incrementos salariais do 1% en 2023 e doutro 1% en 2024, mentres que as do concello do lado, onde liciten este ano, van ter incrementos do 3,15% en 2023 e do 3,15% en 2024. “Unha terá en dous anos unha suba do 2% e a outra dun 6,30%”.

O grave, para Transi Fernández, é que ao ter unha máis salario e maior base de cotización isto vaise a alongar en toda a súa vida laboral mentres as outras nunca máis van chegar a ese incremento.

Precarización nun sector feminizado

Diana Rodríguez, responsábel de Comunicación da Executiva da CIG-Servizos rexeitou a minusvaloración que sofren os coidados e denunciou que coa sinatura de CCOO e UGT deste convenio, se finalmente se produce, “van condenar ás traballadoras do SAF a un aínda maior empobrecemento e precariedade”. Por iso reclamou o seu recoñecemento social e laboral e animou a todas as traballadoras a que se mobilicen, participando primeiro nas mobilizacións convocadas para este xoves, diante das empresas, para manifestar o seu rotundo rexeitamento a este convenio, e que secunden a convocatoria de folga a partir do día 2 de novembro.

Post navigation

Previous: Alertan sobre o risco de que Compostela teña que devolver fondos da Edusi
Next: Alcaldes: Pablo Lago, Brión

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.