Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Científicos da USC descobren un novo tipo de líquido

A USC descubriu no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) un novo tipo de líquido.
usc-decobren-novo-liquido-slide-19-febreiro-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 19 de febreiro do 2021 –   Científicos da USC no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) descubriron o que se podería considerar un novo tipo de líquido.
    • Un auga distinta
    • Reordenar as moléculas

Compostela, 19 de febreiro do 2021 –   Científicos da USC no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) descubriron o que se podería considerar un novo tipo de líquido.

Os científicos da USC demostraron a formación de novas estruturas  supramoleculares en disolucións  acuosas, o que abre a porta a este novo tipo de líquidos con novas propiedades  fisicoquímicas.

Un auga distinta

Os investigadores descubriron unha forma de reordenar as moléculas de auga que xera un novo tipo de fluído. “Demostramos que utilizando moléculas orgánicas cunha disposición particular das súas cadeas  hidrocarbonadas podemos inducir unha estruturación das moléculas de auga diferente ás que coñecemos” sinala Francisco Rivadulla, coautor do traballo. Xunto ao grupo de María Giménez-López comprobaron que a velocidade de transferencia de enerxía en forma de calor ou a velocidade de transmisión de son nesta nova substancia é moito menor que na auga pura. Tamén a súa compresibilidade ou a capacidade calorífica mostran un comportamento singular, o que aumenta o seu interese en numerosas aplicacións tecnolóxicas.

A colaboración entre ambos os dous grupos de investigación do CiQUS foi clave neste descubrimento. “Estabamos a estudar este fluído molecular cando nos demos conta da ausencia dos puntos de fusión e conxelación que normalmente se atopan na auga mediante medicións  calorimétricas. Empregando resonancia magnética nuclear, tamén podiamos observar difusións anormalmente lentas dos catións disolvidos” explica Giménez-López, á fronte do grupo FunNanoMat LAB. Ao mesmo tempo, o laboratorio de Química de Materia Condensada liderado por Rivadulla atopábase investigando a posibilidade de utilizar a condutividade térmica para determinar cambios na estrutura dos líquidos e outras fases condensadas non cristalinas. A complementariedade e experiencia de ambos os dous grupos na materia abriu deste xeito unha posibilidade única para entender e evidenciar de forma conxunta as pouco usuais propiedades deste novo fluído.

O traballo froito da colaboración entre diferentes grupos de investigación do centro, publicouse na revista Angewandte Chemie.

Reordenar as moléculas

Os investigadores explican que “Se puidésemos observar o comportamento das moléculas de auga cunha cámara  ultrarrápida, veriamos que cada unha delas está unida a outras catro moléculas, formando un  tetraedro”. Esta estrutura é dinámica, mantense estable durante un período de tempo moi curto, reorganizándose continuamente ao tratarse dun líquido. “As propiedades físicas e químicas da auga dependen en gran medida da devandita estrutura, de que as distancias e ángulos entre as moléculas de auga que forman ese  tetraedro non se vexan alteradas”, apuntan. “E iso é exactamente o que sucede cando disolvemos compostos orgánicos en auga líquida,  destorcendo a súa estrutura molecular nun fenómeno coñecido como  solvatación  hidrofóbica”.

Post navigation

Previous: Teo e BolboreTea falan de Asperger
Next: A oferta dos bonos Merc@mes comezará no mes de marzo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.