Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Santa Comba

Santa Comba presenta o ciclo CAEST

Catorce propostas de distinta índole poderanse ver durante os meses de outubro e novembro no concello de Santa Comba.

santa comba ciclo de artes escenicas 21 setembro 2026

Santa Comba, 21/09/2026 – Este outono, CAEST por Santa Comba? Esta é a chamada coa que o Concello de Santa Comba convida a veciñanza a participar nunha nova edición do Ciclo de Artes Escénicas CAEST.

Este ano presenta o programa máis amplo e suxestivo da comarca. Durante os meses de outubro e novembro desenvolveranse catorce citas no Auditorio do Edificio Multiúsos. CAEST propón eventos teatrais, musicais, cinematográficos e de lecer familiar.

A responsable da Área de Cultura, Maribel Barreiro, explica que “o ciclo está pensado para que todas as franxas de idade, desde a infancia ata as persoas maiores, poidan gozar da programación e ‘caer’ rendidas ante a cultura”.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Patricia Val Antelo, sinala que “esta nova edición foi creada con mimo e pensada para dar cabida a distintas formas artísticas e culturais”. Engade que “A comedia terá unha presenza destacada, pero o programa tamén deixará espazo para abordar cuestións relevantes como a igualdade, as ruralidades, a representación dos coidados ou a vida nunha sociedade acelerada”.

Bonos e entradas a través de Entradium

Os bonos para asistir a todos os eventos do ciclo terán un prezo de 20 euros e estarán dispoñibles desde o luns 21 ata o xoves 24 de setembro. As entradas para as distintas funcións poderán adquirirse a partir do venres 25 de setembro.

Tanto os bonos como as entradas venderanse a través da plataforma Entradium. As persoas que precisen axuda para adquirir un bono poderán acudir ao Departamento de Cultura do Concello de Santa Comba, onde recibirán apoio para tramitar a compra na plataforma mediante tarxeta de crédito. Se as entradas non se esgotan na venda anticipada, tamén poderán adquirirse na billeteira o mesmo día de cada evento.

Programación de outubro

O ciclo abrirase o venres 2 de outubro, ás 21.30 horas, con Odiseicas: as que tecen a historia, de Sole Felloza, cun prezo de 1 euro. A seguinte fin de semana ofrecerá dúas propostas consecutivas: o venres 9, ás 21.30 horas, o Club de Maiores de Boqueixón representará Nós somos así; e o sábado 10, ás 17.00 horas, o público infantil poderá gozar de Soño. O show de Fifo. En ambos os casos, as entradas custarán 3 euros na tarifa ordinaria e 2 euros na reducida.

O mércores 14 de outubro, ás 11.00 horas, Lucía Aldao e Samuel Merino presentarán Os nomes íntimos, un recital poético-musical reservado para a rapazada do IES Terras de Xallas. O cine tomará o relevo o venres 16, ás 21.00 horas, coa proxección de Bodegón con fantasmas, incluída no IX Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais. O acceso tamén será mediante convite gratuíto.

Ao día seguinte, sábado 17, ás 21.30 horas, Andaravía Teatro, da Asociación Cultural Papaventos de Vedra, levará ao escenario Lévame ao paraíso, con entradas a 3 euros na tarifa ordinaria e 2 euros na reducida.

A última parte do mes concentrará tres novas citas. Malasombra presentará Cotorras o venres 23, ás 21.30 horas, con entradas a 5 euros na tarifa ordinaria e 3 euros na reducida. O sábado 24, á mesma hora, proxectarase o filme Salvaxe, salvaxe, dentro do programa Outono das Artes 2026 da Deputación da Coruña e con convite gratuíto. Outubro despedirase o venres 30, ás 21.30 horas, con Misterio en Solymar, de Debullando Teatro, cun prezo de 1 euro.

Cinco citas para completar o ciclo en novembro

A programación continuará o venres 6 de novembro, ás 21.30 horas, con El perro del hortelano de Lope de Vega, de Teatro Noite de Bohemia. Unha semana despois, o venres 13 á mesma hora, Patty Diphusa presentará Sexo seguro, seguro? Seguro!. As entradas para ambas as representacións custarán 3 euros na tarifa ordinaria e 2 euros na reducida.

A fin de semana completarase o sábado 14, ás 21.30 horas, coa actuación de Baraza e o seu espectáculo Remeloxo, incluído no programa Outono das Artes 2026 da Deputación da Coruña. O acceso será mediante convite gratuíto.

O tramo final do CAEST chegará o venres 20, ás 21.30 horas, con Señores, de Ste Xeito Producións. As entradas terán un prezo de 5 euros na tarifa ordinaria e 3 euros na reducida. O peche terá lugar o sábado 21 de novembro, ás 17.00 horas, con Cinema Marabillas, de Raquel Queizás, cun prezo de 1 euro.

Baixo a chamada Este outono, CAEST por Santa Comba?, o Concello anima a veciñanza a achegarse aos distintos espectáculos e compartir unha programación cultural pensada para diferentes idades e con entradas a prezos accesibles.

Post navigation

Previous: Municipais 2027: Carlos Martínez, alcalde de Vedra
Next: Presentadas as novas liñas de autobús para Compostela

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.