Padrón, 23 de outubro do 2017 – Este fin de semana a Copa Galicia de Ciclocrós celebrou a súa segunda e terceira xornada da tempada na que participa tamén o Club Ciclista Padronés Cortizo-Anova
O Club Ciclista Padronés comezou o pasado 8 de outubro en Marín a tempada de Ciclocrós con representación en gran parte das categorías participantes. Este fin de semana retomábase a competición en Ferrol con dúas citas: o sábado, o I Ciclocrós Val de Esmelle e o domingo, o V Trofeo Cidade de Ferrol.
O Cortizo-Anova, que debutaba en Marín con bos resultados, logrou este domingo alzarse con dúas vitorias en categoría Máster. Mario Castro (Master 50) que rozaba a vitoria en Marín cun segundo posto, conseguiu a primeira praza no V Trofeo Cidade de Ferrol. Juan José Saborido (Máster 40), que empezaba a tempada con fallos técnicos, levouse tamén a vitoria este domingo e ademais dun 5º posto o sábado en Val de Esmelle.