Padrón, 17 de abril do 2017 – Aser Estévez, do Cortizo-Anova, consegue subirse todo o máis alto do podio na cuarta etapa dos 4 días de Ourense despois de sufrir un atropelo durante os entrenamentos previos a proba.
A competición, organizada pola Fundación ADO Moure Prol Deporte, de carácter aberto e en formato challenge, disputouse durante catro días en Baños de Molgás (Ourense) do 13 ao 16 abril.
Estévez, aínda convalecente do atropelo que sufriu fai tan só unha semana, sobresaíu durante os 4 días da proba mantendo unha boa actuación nas diferentes etapas, escalando ás primeiras posicións día a día. Tras alcanzar a sexta e segunda posición na segunda e terceira etapa respectivamente, logrou subirse todo o máis alto do caixón na última proba. O guardés, que conseguiu chegar só á meta, demostrou a boa posta a piques de cara á próxima cita, a Clásica de Pascua o próximo sábado, que organiza o club padronés.
Este triunfo supón o segundo da tempada para o Cortizo-Anova que xa logrou impoñerse na clasificación por equipos en Olías del Rey.