Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Chévere estrea Ictus

COMPOSTELA CHEVERE ESTREA ICTUS 19 FEBREIRO 2026

A compañía galega Chévere estrea no Auditorio de Galicia o seu novo espectáculo, Ictus (anatomía do cadro “A derradeira lección do mestre” de Castelao). Dirixida por Xesús Ron, a obra poderá verse en Compostela os días 20 e 21 de febreiro ás 20.30 h e o 22 ás 18 h, con todas as localidades xa esgotadas

A peza toma como eixo o cadro “A derradeira lección do mestre”, última pintura asinada por Castelao no exilio. A partir desta imaxe icónica, a compañía constrúe un dispositivo escénico que interroga a relación entre memoria e democracia, afondando nos silencios, nas tensións e nas disputas que atravesan a nosa memoria histórica e os relatos que a conforman.

Dirixida por Xesús Ron e de creación colectiva de Chévere, Ictus conta coas interpretacións de Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Marcos Pereira, Gema Santos e Borja Fernández.

O espectáculo é unha coprodución co Centro Dramático Nacional e foi recoñecido cunha das axudas a proxectos escénicos plurianuais da Agadic. No marco da programación escénica de Compostela Cultura, intégrase no ciclo Foco Castelao en escena, unha escolma de pezas que revisitan a obra, o pensamento e o legado dun autor fundamental para repensar o relato histórico, a construción da identidade colectiva e o humor como ferramenta crítica.

Un dispositivo escénico documental

Ictus (anatomía de “A derradeira lección do mestre” de Castelao) aposta por un dispositivo escénico que reduce ao mínimo a teatralidade convencional: sen caracterizacións nin decorados ilusionistas, a peza constrúese a partir de actas, cartas, fotografías, vídeos e declaracións que funcionan como materiais documentais sobre os que se levanta unha ficción tratada tamén con rigor documental.

O punto de partida do proxecto sitúase no acto institucional de recepción do cadro en Galicia no ano 2018. Aquel xesto público, cargado de intención simbólica, leva a compañía a preguntarse que relato se estaba a construír arredor da obra e desde que perspectiva.

Chévere pregúntase Que historia se estaba a contar realmente? Que elementos quedaban fóra do discurso oficial? Como pode unha pintura concibida polo seu autor como homenaxe ás vítimas do fascismo reformularse como un relato institucional centrado na educación? Que acontece deste xeito coa memoria colectiva?

Destas interrogantes nace un espectáculo que entrelaza documento e ficción, teatro e testemuño, facendo dialogar verdade histórica e verdade escénica ata desdebuxar as súas fronteiras e construír, diante do público, un relato vivo que se formula e reformula en escena.

A accesibilidade na escena

O espectáculo de Chévere integra a accesibilidade como parte da súa proposta artística. A función conta coa participación dun actor xordo e dunha actriz que empregan a lingua de signos en escena, así como cun sistema de audiodescrición en directo incorporado á propia narrativa do espectáculo, ampliando así o acceso a públicos con diversidade sensorial.

Un programa de mediación e didáctico para ampliar a experiencia teatral

Arredor da estrea, e dentro do programa de mediación de Compostela Cultura, desenvólvese ao longo de febreiro un conxunto de encontros abertos ao público para profundar no proceso creativo da compañía e nas cuestións que atravesan a peza: memoria, política, escena contemporánea e diálogo entre arte e sociedade.

Tras as sesións xa celebradas, quedan dúas citas: o 21 de febreiro ás 17.30 h no Auditorio de Galicia, cando integrantes de Chévere participarán en Conversando, unha charla aberta previa á función para compartir as claves da investigación e desenvolvemento do espectáculo; e o 28 de febreiro ás 12.00 h na Zona C, coa sesión Tramoia. Anatomía dunha peza teatral, un espazo para coñecer desde dentro o proceso de creación de Ictus, incluíndo as decisións, materiais e liñas de traballo que quedaron fóra do resultado final. Ambas actividades son de acceso libre ata completar capacidade e contan con interpretación en lingua de signos.

Ademais das funcións abertas ao público, Ictus contará tamén con pases didácticos no marco do Programa Didáctico do Auditorio de Galicia. Estas sesións pedagóxicas, dirixidas a alumnado de 3º e 4º da ESO e Bacharelato, celebraranse os días 23 e 24 de febreiro ás 10.30 horas na Sala Ángel Brage e forman parte dunha programación estable que cada temporada achega ás aulas propostas de teatro, música, danza e outras disciplinas escénicas.

A asistencia é gratuíta para os centros de ensino inscritos e estes contan con guías didácticas específicas para traballar o espectáculo na aula antes da súa asistencia.

Deste xeito, a proposta de Chévere amplía o seu alcance máis alá da exhibición escénica, incorporándose a un itinerario formativo que promove a reflexión crítica sobre memoria, democracia e creación contemporánea entre o público máis novo.

Post navigation

Previous: Día de Rosalía en Padrón
Next: Iluminar a Catedral

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.