Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Chegou o inverno é un novo ciclo vital segundo os chineses

A tarde de este domingo comezou o solsticio de inverno despois dun outono máis con menos chuvias que os anos anteriores.

usc inverno yin yang

Ás 16.03 horas de onte domingo comezou o inverno boreal, que se prolongará ata o 20 de marzo ás 15.46 horas. O inicio da nova estación ten como consecuencia que fora o día máis curto do ano cunha duración de pouco máis de 9 horas na nosa latitude e que o Sol alcance na culminación a menor altura posible.

Porén, as tardes xa comezaron a medrar dende o pasado día 7, mentres que as mañás seguirán minguando este inverno ata comezos de ano. “Isto débese -explica o coordinador científico do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, a que a hora oficial está baseada no chamado Sol medio, punto que vai reproducindo as posicións medias do Sol ao longo do ano dado que a nosa estrela se despraza aparentemente con velocidade variable”.

Fenómenos salientables

O inverno traerá hoxe a choiva de estrelas Úrsidas, e na noite do 3 ao 4 de xaneiro terá lugar o máximo das Cuadrántidas (con radiante preto da Osa Maior), unha das máis activas do ano. Tamén o día 3 ás 18.00 horas pasará a Terra polo perihelio, mínima distancia ao Sol (147 millóns de km.)

Un novo ciclo para os chineses

Este 2025 remata dun xeito especial na cultura chinesa e xaponesa (que asumiu o calendario chinés). Coa entrada do solsticio de inverno remata un ciclo de 60 anos, Yin, e comeza outro, Yang.

O calendario chinés usa ciclos de 60 anos denominados Jia Zi. Combinan 12 animais do zodíaco cos 5 elementos (madeira, fogo, terra, metal e auga). Isto produce 60 combinacións únicas que se repiten.

Onte domingo rematou un de eses ciclos de 60 anos. Na cultura chinesa considerase un fito moi importante xa que marca o inicio dunha nova etapa de sabedoría e experiencia.

A relación de China e Xapón coa USC en particular, e con Galicia en xeral, mantense co paso dos anos e ben está que lembremos cousas que suceden só cada sesenta anos e que para eles son importantes así que boa entrada en esta nova etapa vital.

Post navigation

Previous: A Rede Cultural da Deputación publica as bases de participación
Next: Ames aproba o Plan económico financeiro 2025-2026

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.