Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Chega ás salas “Así chegou a noite”

Presentación en Compostela de "Así chegou a noite"

Presentación en Compostela de "Así chegou a noite"

Compostela, 30/04/2026 –  A Deputación da Coruña participou este mércores na presentación de “Así chegou a noite”, o novo filme do cineasta galego Ángel Santos, que esgotou as entradas na súa preestrea galega celebrada en Numax, en Santiago de Compostela.

A deputada de Cultura, Natividade González, asistiu ao acto de presentación desta longametraxe, apoiada pola institución provincial a través da súa liña de axudas á distribución. A presenza da Deputación da Coruña nesta cita reforza o compromiso da institución co impulso ao audiovisual galego e co apoio á difusión de proxectos cinematográficos vinculados ao país, favorecendo que producións galegas poidan ampliar o seu percorrido e chegar ao público en salas comerciais.

Na provincia da Coruña, o filme poderá verse en Santiago de Compostela (Multicines Compostela e Numax), A Coruña (Cantones Cines), Ferrol (Duplex), Narón (Odeón) e Cee (Xunqueira), ampliando a súa chegada ao público coruñés cunha destacada presenza en diferentes comarcas.

Rodada integramente en Galiza, Así chegou a noite chega aos cinemas hoxe xoves 30 de abril, despois do seu paso por diversos festivais internacionais, entre eles BAFICI, o D’A de Barcelona ou o Festival Internacional de Cine de Xixón, onde Ángel Santos foi recoñecido coa mellor dirección da Sección Oficial Internacional.

Protagonizada por Denís Gómez e Violeta Gil, coa colaboración especial de Miquel Insúa, a película inicia agora a súa primeira fin de semana en salas cunha programación especial de pases acompañados polo director e parte do elenco en Santiago de Compostela, Ferrol, Vigo e A Coruña. A Deputación da Coruña contribúe así ao apoio e promoción de iniciativas culturais estratéxicas para o fortalecemento do sector audiovisual galego, apoiando a distribución dunha obra que exemplifica a capacidade creativa e o momento de madurez da ficción galega de autor.

Post navigation

Previous: Padrón convoca o XII Certame Poético Rosalía de Castro
Next: Albariza en Noia mellora o saneamento e abastecemento

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.