Compostela, 7 de maio do 2021 – Este sábado abre a a corenta edición da Feira do Libro de Santiago que durará ata o 17 de maio.
A Feira de Compostela está organizada pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña.
O evento foi presentado polo concelleiro Sindo Guinarte acompañado do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e do presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Ramón Domínguez.
A apertura terá lugar o sábado a partir das 11:30 horas, coa actuación ás 12:30 da Banda Municipal. Este ano a Feira do Libro de Santiago terá como pregoeira á escritora Arantza Portabales.
Ao longo de 10 días pasarán pola Feira máis de 60 escritoras, ilustradores, tradutores e outros profesionais do mundo do libro.
Desde a organización móstranse moi optimistas coa nova edición da Feira do Libro despois do éxito alcanzado o ano pasado. “Sen dúbida é unha actividade que enriquece o programa festivo e cultural da Ascensión”, indicou o concelleiro Sindo Guinarte.