Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Charla sobre a táboa periódica na Facultade de Química

usc-charla-taboa-periodica-slide-3-maio-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 4 de maio do 2019 –  Coincidindo co 150 aniversario da táboa periódica dos elementos, a Sociedade Xuvenil Galega de Química (SXGQ) organiza en colaboración coa Real Sociedade Española de Química (RSEQ) e coa Facultade de Química unha serie de actividade conmemorativas desta efeméride .
    • SXGQ

Compostela, 4 de maio do 2019 –  Coincidindo co 150 aniversario da táboa periódica dos elementos, a Sociedade Xuvenil Galega de Química (SXGQ) organiza en colaboración coa Real Sociedade Española de Química (RSEQ) e coa Facultade de Química unha serie de actividade conmemorativas desta efeméride .

A primeira cita é unha conferencia/coloquio baixo o título ‘Todo o que sempre quixeches saber pero nunca te atreviches a preguntar sobre a táboa periódica!’. O obxectivo é mostrala a un público non especializado, dun xeito que sexa dinámico e na que os asistentes interveñan activamente.

A conferencia será impartida ás 17.00 horas no salón de actos Antonio Casares da Facultade de Química pola reputada divulgadora científica Deborah García Bello (http://dimetilsulfuro.es/), que conta cun importante número de seguidores a través das súas contas de Youtube (>23000 subscritores), Facebook (>4000 seguidores), Instagram (>18000 seguidores), Twitter (>17000 seguidores) e no seu Blog Dimetilsulfuro (>2000 visitas/día), así como experiencia na radio (programa Efervesciencia, Radio Galega) e na televisión a través da súa colaboración no programa de RTVE ‘Órbita Laika’.

Coa celebración deste evento na Facultade de Química, dunha duración aproximada de 90 minutos, o equipo promotor pretende abrir as portas da Universidade á cidadanía e que a ciencia adquira unha papel destacado no día a día da sociedade.

SXGQ

A SXGQ é unha asociación rexistrada sen ánimo de lucro fundada no 2016 por investigadores e estudantes da USC e da Uvigo e que ten como obxectivos principais a divulgación da Química, salientar o papel da muller na ciencia e destacar a investigación que se realiza en Galicia. Entre as súas actividades destacan a participación en obradoiros científicos en colexios e institutos, xornadas de portas abertas en centros de investigación e facultades, feiras científicas e cursos de formación.

Post navigation

Previous: Vitamina N preséntase na Feira do libro de Compostela
Next: Negreira epicentro da ximnasia rítmica da bisbarra

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.