Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda
  • Xeral

Charla en Silleda sobre a depresión

cig saude mental SLIDE NORMAL 13 setembro 2021

Trátase de algo que acompaña a esta sociedade desde hai tempo e aínda hai quen debate sobre que tipo de enfermidade é, si é real ou como afecta ás persoas. Por sorte a maioría da sociedade comeza a entender que a depresión é unha situación que require de axudas, profesionais e tempo para ser superada.

Silleda,  dentro do Plan Municipal de Saúde Mental, organiza esta charla sobre a depresión o vindeiro xoves día 22 de xaneiro na Casa do Concello ás 18:00 horas, aberta a toda a veciñanza e persoas interesadas

A actividade coincide co Día Mundial contra a Depresión, que se conmemorou este martes. Unha xornada destinada a visibilizar un trastorno de saúde mental que afecta a millóns de persoas en todo o mundo e que, en moitos casos, continúa rodeado de estigmas e incomprensión.

A depresión vai moito máis alá da tristeza puntual, podendo provocar un impacto significativo na vida persoal, familiar, social e laboral das persoas que a padecen, polo que resulta fundamental favorecer a información, a prevención e o acceso ao apoio axeitado.

Baixo o lema “Depresión, máis alá da tristeza: que é o que podemos facer”, esta sesión pretende poñer o foco na importancia da saúde mental e ofrecer ferramentas básicas para comprender este trastorno, detectar sinais de alerta e saber como actuar ou acompañar ás persoas afectadas.

O Concello de Silleda destaca neste ámbito por ser un dos primeiros municipios en contar cun Plan Municipal de Saúde Mental propio, promovendo a participación da veciñanza e a creación de espazos seguros para compartir experiencias e recibir apoio.

A sesión será impartida por persoal especializado da asociación FEAFES Galicia (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), entidade á que o Concello agradece a súa colaboración na implantación deste programa municipal.

Desde o Concello de Silleda anímase á cidadanía a inscribirse ata o propio día da sesión a través do teléfono 986 59 20 37.

Pola súa banda, a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, subliña que “a saúde mental é un piar básico no benestar das persoas, e está na man de todos e todas comprendela, normalizala e tratala coa importancia que merece”.

Post navigation

Previous: 29 empresas de economía social beneficiaranse en Compostela das axudas do concello
Next: Este domingo comeza a Mostra de Teatro da Pobra

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.