займ срочно

Charla na AC O Galo sobre a loita galeguista antifascista

0

Compostela, 13 de abril do 2021 – A Asociaciónj Cultural O Galo organiza a charla  “Virxina Pereira / Daniel Castelao. Loita galeguista e antifascista”.

A charla terá lugar no salón de actos do Museo das Peregrinacións, na Praza de Praterias, este mércores 14 ás 19:30h. No acto intervirán Monset Fajardo. Xornalista e autora do libro A vida incerta. Biografia de Virxinia Pereira, e Xoan Carlos Garrido, Catedrático de ensino medio e estudoso do artista e político Alfonso Daniel R. Castelao.

En A vida incerta. Biografia de Virxinia Pereira, Monset Fajardo, concorre outra vez mais a visibilización da labor das mulleres antifascistas. As súas contribucións neste eido son notorias e abranguen publicacións, comisariados de mostras, asesorías en audiovisuais, palestras, etc. A monografía citada é unha documentada contribución para desterrar a crenza de que Virxinia Pereira desenvolveu un escasísimo roll na loita do galeguismo contra o franquismo.

Así mesmo, esta palestra inscríbese dentro do traballo de investigación e difusión desenvolvido arredor de Castelao, polo profesor Xoan Carlos Garrido. As súas aportación encol do político son moi coñecidas e referentes para outras pescudas posteriores, basta con lembrar que el foi quen publicou e contextualizou os informes que a Axenza de Información de EEUU (CIA) realizou sobre Daniel R. Castelao.

Neste acto, cumpriranse todas as normas anti COVID19 establecidas polas autoridades sanitarias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies