Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

O Centro de Saúde de Padrón a debate no Parlamento

Parlamento-de-Galicia_0092-slide_r

O grupo socialista urxe á xunta a realizar unha reforma integral do centro de saúde de Padrón e solucionar as múltiples eivas do edificio

Sesión no Parlamento de Galicia

As infraestruturas sanitarias na bisbarra teñen en moitos casos moitos anos e comezan a pedir arranxos serios e non só reparacións puntuais. Negreira, Dodro ou mesmo o psiquiátrico de Conxo en Compostela,  que despois de anos de solicitalo ven de rematar as obras, levaban tempo pedindo arranxos e seguen a facelo.

En moitos casos as denuncias acaban no Parlamento de Galicia e agora o Psoe leva a ese foro ao centro de saúde de Padrón. A deputada Patricia Iglesias advertiu da necesidade de ampliar espazos asistenciais e zonas comúns e de acometer melloras en accesibilidade e eficiencia enerxética

A deputada citou, entre outros problemas que presenta o edificio, filtracións de auga, humidades, falta de ventilación, pavimentos deteriorados, ocos no falso teito ou fiestras estragadas, que representan “un desgaste xeneralizado”

Iglesias reclamoulle á Xunta de Galicia unha reforma integral do centro de saúde de Padrón para dotalo das infraestruturas e medios necesarios para garantir unha atención sanitaria de calidade. Advertiu ademais da “urxencia” desa reforma, que debe incluír melloras na accesibilidade e na eficiencia enerxética, ademais dunha actualización tecnolóxica.

Patricia Iglesias recordou que o centro de saúde padronés soporta unha carga asistencial moi elevada, “que continúa medrando” tanto pola evolución demográfica como polo avellentamento da poboación dos municipios aos que da cobertura, tanto o propio de Padrón como outros da mesma comarca. Porén, as instalacións “non están á altura das necesidades actuais nin futuras”.

Unha demanda reiterada

A Deputada socialista lamentou que a reforma do centro de saúde non é unha demanda nova, senón reiterada “en múltiples ocasións pola veciñanza, polos profesionais sanitarios e polas distintas forzas políticas”. Sinalou tamén que a situación provocou manifestacións públicas, mais os compromisos por parte do Goberno do PP “non se materializan”.

Post navigation

Previous: Curtocircuíto volve ás rúas de Compostela
Next: Rematou a espera, a Rapa das Bestas de Sabucedo xa é BIC

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.