займ срочно

O futuro centro de saúde de Teo estará na Ramallosa e manterá o consultorio dos Tilos

0

Teo, 28 de febreiro do 2022 – O futuro centro de saúde de Teo construirase na parcela da Ramallosa e manterase o servicio na urbanización dos Tilos.

A nova sae dunha reunión mantida polos voceiros dos partidos de Teo con representación (Psoe, BNG e PP) e o alcalde Rafa Sisto (Son de Teo) co conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, e con Eloína Núñez, xerente da área sanitaria de Santiago.

Desde o concello considérase que foi unha reunión produtiva que despexou as dudas sobre o adecuado da parcela da Ramallosa. Todos coincidiron en que esa ubicación para o centro de saúde é a máis axeitada para atender a gran parte da poboación de Teo.

Abreviar prazos

O uso da parcela da Ramallosa por parte do Sergas reducirá o tempo de tramitación. O concello está en disposición de ceder xa os terreos o que permite que o proxecto seiga adiante sen o parón que suporía buscar outros espazos.

O novo centro de saúde incrementará os servizos actuais de que dispón Teo en especialidades como pediatría ou enfermería. Se engaden ademais consulta de farmacia, área bucodental con 2 consultas, 3 consultas polivalentes para a realización de técnicas, sala de educación sanitaria, 1 despacho de coordinación e sala de atención ao usuario.

Manter o servizo dos Tilos

A Xunta mostrase disposta tamén a manter aberto o centro dos Tilos e entende o necesario do servizo. Remata así a polémica xerada nas últimas semanas que provocou a mobilización veciñal.

En todo caso como contamos no mes de novembro o centro de saúde forma parte da segunda fase da planificación do SERGAS polo que a súa construción no comezaría antes do 2023 e a entrada en servizo sería de cara ao 2024.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies