займ срочно

O Centro de saúde de Porto do Son construirase xunto ao concello

0

Porto do Son, 26 de abril do 2022 – O novo Centro de Saúde de Porto do Son xa ten un lugar destinado, unha parcela lindeira coa actual casa do concello.

O novo centro de saúde é un dos incluidos na primeira fase do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado en outubro do pasado ano pola Xunta de Galicia.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de reunirse co alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, para avanzar no proxecto de construción. Á xuntanza, asistiron ademais a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, a Directora Xeral de Recursos Económicos do Sergas, María Jesús Piñeiro e a tenente de alcalde, María Maneiro.

Ambas administración acordaron que a localización para a construción deste novo centro de saúde fose unha parcela lindeira ao edificio do Concello, que xa fora exposta polo goberno local a persoal técnico do Sergas nunha visita realizada o día 7 deste mesmo mes.

O alcalde expresou a súa vontade de aproveitar a construción deste centro para crear na súa contorna un espazo de uso público para esparexemento e lecer, unha proposta que ten perfecto encaixe coas necesidades da Xunta e sobre a que se acordou estudar os aspectos técnicos de cara á sinatura dun convenio de colaboración que formalice os detalles.

O conselleiro de Sanidade lembrou que, segundo o Plan aprobado, o novo centro de saúde de Porto do Son debe contar cun espazo estimado de 1.793 m2, un 66% máis que o actual centro, o que permitirá crear novos espazos como unha consulta de odontoloxía, unha consulta de farmacia, unha consulta de enfermaría pediátrica, unha sala de educación sanitaria, un despacho de coordinación ou unha segunda sala de técnicas.

Este novo centro permitirá abandonar un edificio de 28 anos sen capacidade de crecemento, con espazo reducido para a realización de técnicas ou admisión, problemas coa accesibilidade da área pediátrica e deficiencias no illamento e na climatización.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies