Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ames

Centilitrosmetrocadrado, gañadores do premio “Luis Seoane” de deseño da Deputación

O xurado, presidido pola deputada de Cultura, Natividade González, valorou o proxecto do estudo de deseño de Milladoiro pola súa faceta “multidisciplinar”.

DEPUTACION PREMIO DE DESENO 15 OUTUBRO 2026

Ames, 15/10/2026 –  O xurado da segunda edición do premio “Luis Seoane” de deseño que convoca a Deputación da Coruña acordou, por maioría, conceder o galardón a Centilitrosmetrocadrado Sociedade Cooperativa Galega.

Tras unha intensa deliberación, o comité de expertos (que está presidido pola deputada de Cultura, Natividade González, e que integran Rosario Froján Resua, Alberto Carballido Salcedo, María Celsa Pesqueira Sánchez, Uqui Permui Martínez e Alberto Montiel Rodríguez) acordou conceder o galardón a esta iniciativa por “ser un claro referente do deseño multidisciplinar”.

O veredicto susténtase en que Centilitrosmetrocadrado “resalta o proceso de investigación na disciplina do deseño, a solidez profesional, a innovación e a súa ampla traxectoria no ámbito do deseño contemporáneo, especialmente no deseño de produto, así como a interpretación dos códigos visuais territoriais plasmados no seu traballo”.

Centilitrosmetrocadrado é un estudio de deseño e comunicación localizado en Milladoiro que fusiona a produción artesanal e industrial baixo un enfoque humanista e sostible. Con dúas décadas de traxectoria, o estudio fundado por Ricardo Tubío e Xabier Rilo está consolidado como un referente en deseño de produto, identidade gráfica e interiorismo, reinterpretando a cultura atlántica con proxectos de valor social e emocional.

Deste xeito, relevan a D-due, a firma de moda rianxeira dirixida por Charo Froján e Alfredo Olmedo que gañou a primeira edición deste concurso. Natividade González felicitou ao proxecto gañador destacando “a súa capacidade de outorgar identidade de país a todos os seus proxectos, representando a excelencia no deseño e proxectando a nosa imaxe e forma de ver o mundo máis aló das nosas fronteiras”.

Post navigation

Previous: Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas
Next: Ven a limpar as praias

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.