займ срочно

Camiño Escena Norte chega este ano a 11 localidades de Galicia

0

Compostela, 11 de setembro do 2023 – Camiño Escena Norte, que se celebrará do 17 de setembro ao 22 de outubro, presentou a súa quinta edición na praza do Obradoiro.

O proxecto de intercambio cultural chegará a cerca de 60 espazos de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra.  En Galicia, Camiño Escena Norte, pasará por Melide, Mondoñedo, Portomarín, Ribadeo e Vimianzo súmanse este ano ás localidades de Ames, Arzúa, Carballo, Lugo, Santiago de Compostela e Viveiro.

O evento afianzase crecendo con respecto ao ano pasado; tanto en sedes, como en actividades e colaboradores. Baixo o lema  “Vieiros que conflúen” a organización describe unha programación oficial que contará con 15 compañías de teatro, danza e artes do movemento e novo circo, amosando os seus espectáculos no Itinerario denominado Constelacións. 

Entre as novidades de Camiño escena Norte está a incorporación definitiva ao proxecto da Comunidade Foral de Navarra; un importante aumento da programación en todos os territorios, ao pasar de 38 a 57 sedes (no caso galego, pasa de 7 a 11 localidades); a estrea de Vieiros, unha rede de colaboración con proxectos locais, que en Galicia será o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT); e un programa de conversas e mesas redondas coorganizado e financiado pola asociación Te Veo de Artes Escénicas para la Infancia y la Juventud.

Itinerario Constelacións

Os 15 espectáculos, tres por territorio, conforman o Itinerario Constelacións. Unha programación que en Galicia chegará a Ames, Arzúa, Carballo, Lugo, Melide, Mondoñedo, Portomarín, Ribadeo, Santiago de Compostela (que acollerá a apertura e clausura da programación), Vimianzo e Viveiro.

Á hora de participar no circuíto de funcións, Galicia seleccionou as compañías Caramuxo Teatro co seu espectáculo Crisálida; Rebordelos con Amantis, e Xampatito Pato con Só. Pola súa banda, Asturias intervirá no intercambio cultural de CEN con Saltantes Teatro que presentará Misery; Luz de Gas con Luna, e Proyecto Piloto, que representará La bestia negra.

A participación de Cantabria chegará da man de Ábrego Teatro con Lear en las catedrales; Malabaracirco Producciones Artísticas con Circus magníficus, e Mari Paula Dance & Performance que presenta Fronterizas. Euskadi escolleu os traballos de Aboon Teatre, que participará con Baby esferic; Cía. Eva Guerrero con Gorpuztu, e Tanttaka Teatroa, que ofrecerá Sexpiertos.

Finalmente, Navarra consolida a súa presenza en Camiño Escena Norte con outras tres propostas artísticas da man de Inextremis con El rey tuerto; Led Silhouette con Los perros, e Levelibular co seu Portamundos.

Programación por días e espazos

17.09 | Santiago de Compostela: Gorpuztu, de Cía. Eva Guerrero (Euskadi).

19.09 – 21.09 | Lugo: Habitación Peregrina Pro. 24.09 | Arzúa: Luna, de Luz de Gas Teatro (Asturias).

24.09 | Mondoñedo: Portamundos, de Cía. Levelibular (Navarra).

30.09 | Melide: Lear en las catedrales, de Ábrego Teatro (Cantabria). 01.10 | Ribadeo: Lear en las catedrales, de Ábrego Teatro (Cantabria). 

06.10 | Ames: Baby Esferic, de Aboon Teatro (Euskadi).

13.10 | Viveiro: Sexpiertos, de Tanttaka Teatroa (Euskadi).

14.10 | Carballo (FIOT): Sexpiertos, de Tanttaka Teatroa (Euskadi).

14.10 | Vimianzo: Misery, de Saltantes Teatro (Asturias).

15.10 | Portomarín: Malabaracirco, de Circus Magníficus (Cantabria).

20.10 | Lugo: La bestia negra, de Proyecto Piloto (Asturias).

22.10 | Santiago de Compostela: Fronterizas, de Mari Paula Dance & Performance (Cantabria).

Camiño escena Norte

CEN é unha iniciativa promovida polas asociacións profesionais de produtoras de artes escénicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria), Eskena (Euskadi) e ESNA (Navarra), que se incorpora este ano.

Todas elas únense na supraentidade Camino Escena Norte Agrupación de Interés Económico, creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción deste proxecto, que toma a ruta histórica dos Camiños de Santiago como referencia para ofrecer unha intensa programación escénica. 

CEN conta co apoio económico de gobernos e institucións das cinco comunidades implicadas: Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Goberno do Principado de Asturias; Goberno de Cantabria; Goberno Vasco; Deputación Foral de Araba, Deputación Foral de Bizkaia; Deputación Foral de Gipuzkoa; Goberno de Navarra e Goberno de España a través do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y la Música (INAEM) e o Ministerio de Cultura e Deporte. Colaboran tamén a Deputación Provincial da Coruña, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Lugo. Vegalsa-Eroski mantense como patrocinador oficial do CEN, que conta nesta edición coa colaboración especial da marca lucense Cafés Candelas e da asociación Te Veo de Artes Escénicas para la Infancia y la Juventud.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies