Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Sin categoría

Celebramos o Día dos Medios en Galego co streaming #MoitoqueSachar

Este sábado 20 de marzo, dende a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebramos o Día dos Medios en Galego coa retransmisión, en streaming, do programa, a modo “Late Night”, #MoitoqueSachar.
celebracion-medios-en-galego-slide-19-marzo-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Este sábado 20 de marzo, dende a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebramos o Día dos Medios en Galego coa retransmisión, en streaming, do programa, a modo “Late Night”, #MoitoqueSachar.
  • 140 medios #engalego

Este sábado 20 de marzo, dende a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebramos o Día dos Medios en Galego coa retransmisión, en streaming, do programa, a modo “Late Night”, #MoitoqueSachar.

A celebración tivo que ser aprazada, por mor das restricións sanitarias, xa que a data orixinal é o 7 de febreiro. O Día dos Medios en Galego conmemora a saída do primeiro xornal en galego, O Tío Marcos d’Portela, aló polo 1876 e do que podedes ver unha copia aqui

A Casa Museo de Rosalía acollerá a emisión dun programa especial presentado por Federico Pérez Rey, unha das caras máis visibles do audiovisual galego, que estará acompañado pola música en directo dunha banda formada por Iván Barreiro, á guitarra; Carlos Arévalo, á batería; e Ale Casquero aos teclados.

Será unha festa da lingua, con entrevistas, sketches, o nacemento dun novo proxecto, así como singulares sorpresas que demostrarán o papel fundamental do galego como principal motor da comunicación no noso país.

O programa será retransmitido en directo nas nosas canles de Youtube, Facebook e Twitch. Ademais, tamén se emitirá o domingo ás 21:30h en NósTelevisión e o luns ás 18:00h en todas as emisoras municipais galegas da rede de Radiofusión.

O evento conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña, ademais do apoio da Casa Rosalía.

140 medios #engalego

A cita será unha festa para os máis de 140 medios que a día de hoxe comunicamos na nosa lingua activos este marzo 2021: 40 Nordés, 5FM, A Cuarta Parede, A Louriña, A Nosa Terra, A Movida Vigo, A Nova

Peneira, A que cheira papá, A Trabe de Ouro, A viñeta de Schordinger, A Voz de Vilalba, Ábretedeorellas, Adiante.gal, Agora.gal (próxima apertura), AmariñaXa, AMSGO!, Ames Radio, As Nosas, Badal Novas, Balea, Barrios, Biosbardia, Caleidoscopica Revista, Campo Galego, Canal Barbanza, Canal Rias Baixas, Canle Ribeira Sacra, Canto

Ghalpón, Cerna Revista, Cerne, Código Cero, Comarcasnarede, Coralia, Crónica 3, Crónicas da comarca, CUAC FM, CulturaGalega, Diario Liberdade, Diario do Támega, Dende a Limia, Disquecool, DZ Dixital, Ecos da Comarca, En Común, Entre Nós, Erregueté, Fervenzas Literarias, Galicia Cinexética, Galicia Confidencial, GalizaLivre,

GCiencia, Grial, GZmusica, Historia de Galicia, Inviable Revista, Irimia, Kallaikia, Lalín e Comarca, Lindeiros, Lugo Xornal, Luzes, Mallando no Android, Mazarelos, Nós Diario, Nós Televisión, Nova Fantasía, Novas da Galiza, Novas de Turonio, Novas do Eixo Atlántico, O Barbanza, O Dez, O Farelo, Ollaparo, O Papagaio, O Rosaleiro, O Sil.info, Orgullo Galego, Palavra Comun, Ponte nas ondas, Pontevedraviva, Portal Galego da Lingua, Praza Pública, Primeira Noticia, Proxecto Neo, Que pasa na Costa, Radio Allariz, Radio Arzúa, Radio As Nogais, Radio Burela, Radio Caldas, Radio Cerceda, Radio Culleredo, Radio Estrada, Radio Eume, Radio Fene, Radio Foz, Radio Galega, Radio Lalín, Radio Melide, Radio Negreira, radiNeria, Radio Nordés – Cadena Ser, Radio

Oleiros, Radio Ordes, Radio Piratona, Radio Quiroga, Radio Redondela, Radio Roncudo, Radio Salnés (Cambados), Radio Tui, Radio Valga, Radio Valladares, Radio Xallas, Radiofusión, Revista Feminista Andaina, Revista Feminista Revirada, Revista Morcego, Revista Nalgures, Revista Pincha, Sprintmotor, Sondolouro, SurfGZ, Televinte Chantada, Televisión de Galicia, Tempos Novos, Teo Vivo, TerrachaXa, Vaca Pinta, Vinte, Xarda, Xornal de Betanzos, Xornal 21, Xornal de Lemos, Xornal da Mariña, Xornal de Vigo e Zona Press

A AMEGA está formada a día de hoxe por 40 medios.

Toda a información en https://mediosengalego.gal/

Post navigation

Previous: A USC aproba os orzamentos para o presente exercicio
Next: Silleda e Xonix Récords poñen en marcha Son de Silleda

Máis novas

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

DANIEL CROS Y LAS ALMAS
2 minutes read
  • Xeral

Daniel Cros trae Las Almas Sedientas a Santiago

compostela maker faire xornada industria 30 setembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

A Maker Faire Galicia organiza unha Xornada de Industria

fundacion granell inauguracion expo slide 30 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

“Bata paisana. Bravas do país” na Fundación Granell

Luz-Fandinho-slide-29-abril-2024-151_r
2 minutes read
  • Xeral

Luz Fandiño terá o seu recoñecemento

compostela ateneo actos alfrdo vicenti SLIDE 27 setembro 2026
2 minutes read
  • Compostela

O Ateneo conmemora o 110 aniversario do pasamento de Alfredo Vicenti

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.