Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

O CEIP Os Tilos, en Teo, xa desfruta de nova cuberta

O colexio recibiu a visita do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, acompañado pola alcaldesa de Teo, Lucía Calvo.

teo nova cuberta ceip os tilos 26 xaneiro 2026 (2)

A Xunta vén de rematar as obras de renovación da cuberta do Colexio Plurilingüe Os Tilos, en Teo, cun investimento de preto de 400.000 €.  O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou o centro co fin de comprobar o resultado das obras.

Estes traballos enmárcanse no Plan de nova arquitectura pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para impulsar a modernización dos centros educativos, incrementar a súa eficiencia enerxética e mellorar o benestar da comunidade escolar.

Esta actuación supón unha mellora do confort deste edificio que empregan cada día máis de 233 alumnos. O Conselleiro lembrou que esta actuación se suma á rehabilitación integral en marcha no CEIP Plurilingüe A Igrexa-Calo, por un importe de máis de 900.000 €, o que eleva a arredor de 1,3 M€ os investimentos en infraestruturas educativas no concello de Teo.

Detalles da intervención

A obra no Colexio dos Tilos consistiu na substitución do material da cuberta actual, formado por tella cerámica, por unha de panel sándwich e illamento sobre forxado de cuberta.

En total, actuouse en preto de 2.100 m².  Tamén se acometeu a substitución de lucernarios, a impermeabilización dos canlóns, a renovación de baixantes e canalóns e a impermeabilización dos petos perimetrais.

Post navigation

Previous: Negreira presenta a programación do Entroido
Next: Os alcaldes socialistas da provincia analizarán o “afogo económico” dos concellos

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.