Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Rosalía estrea en Portugal

cdg rosalia portugal 2 slide 4 de febreiro do 2025

Compostela, 24 de febreiro do 2024 – O Centro Dramático Galego e o colectivo portugués ASTA-Teatro e Outras Artes coproducen a montaxe ”Rosalía, cartografía de ásperas ortigas”.

Unha obra que serve para conmemorar o 188º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro coa estrea do espectáculo o vindeiros 27 e 28 de febreiro no Cine-Teatro Avenida da localidade lusa de Castelo Branco.

A dirección escénica e dramaturxia é do compostelán Roberto Salgueiro. ”Rosalía, cartografía de ásperas ortigas” parte de textos e, sobre todo, versos da escritora tomados de Cantares Gallegos, Follas Novas e En las orillas del Sar.

O espectáculo está interpretado por Antía Cortegoso, Sérgio Novo, Alberto Medeiros e Marta Casais e nel cobra importancia o espazo sonoro achegado por varios instrumentos, as coreografías interpretadas polo elenco e un espazo escénico cuberto de flores.       

Despois da súa estrea en Castelo Branco, ”Rosalía, cartografía de ásperas ortigas” representarase noutras dúas localidades lusas: Covilhã (Teatro Municipal, do 6 ao 8 de marzo) e Gouveia (Cine-Teatro, 29 de marzo).

O Salón Teatro de Santiago de Compostela, sede do Centro Dramático Galego, que xa acolleu parte dos ensaios no mes de xaneiro, ofrecerá tres funcións do espectáculo do 26 ao 28 de abril. 

Con este proxecto o CDG continúa a impulsar e participar en proxectos compartidos con compañías e profesionais do país veciño, nunha ampla e intensa actividade común da que forman parte nos últimos anos espectáculos como Frágua de amor, Manuela Rey Is In Da House, Territórios de liberdade, Entrepalav-bras, Na hora dos cans ou Ifixenia, entre outros.

Post navigation

Previous: Nova sesión dos Encontros Americanos na Granell
Next:  Acusan ao goberno de Ames de ”maltrato político”

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.