Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O CDG presenta “Frágua de amor”

cdg fragua de amor slide ornal

Compostela, 8 de xaneiro do 2024 – O Salón Teatro de Compostela acolle este venres a estrea de “Frágua de amor”, unha coprodución entre o Centro Dramático Galego, CDG, e seis estruturas culturais lusas: Escola da Noite-Grupo de Teatro de Coímbra, O Bando de Surunyo, Artway, Cendrev-Teatro García de Resende, Teatro Académico de Gil Vicente e Teatro Nacional São João.

“Frágua de amor” está apoiado polo Instituto Camões-Centro Cultural Portugués de Vigo e forma parte do ciclo de teatro en lingua portuguesa Quintas do Camões promovido polo Instituo . O CDG abre a programación 2025 con esta peza a partir das 20,00 h. de este venres.

A obra é un clásico da literatura portuguesa, escrito polo dramaturgo Gil Vicente. Esta montaxe está dirixida por António Augusto Barros e conta coa música en directo de O Bando de Surunyo, especializado na interpretación de obras dos séculos XVI e XVII, con seis voces, laúde, viola de gamba, frauta e percusión baixo a dirección musical de Hugo Sanches e co galego Xurxo Varela á viola.

Sobre o escenario actuará un elenco de nove actores e actrices: Ana Teresa Santos, Carlos Meireles, Igor Lebreaud, Maria Quintelas, Miguel Magalhães, Nuno Meireles, Sérgio Ramos e a galega Mónica Camaño.

Crítica dos privilexios e os abusos

A posta en escena do texto escrito en 1524 para celebrar o casamento de João III con Catarina de Habsburgo consegue, a través da escenografía e da música, o ambiente de festa imaxinado por Gil Vicente en “Frágua de amor”.

 A obra é ao mesmo tempo crítica cos temas habituais do autor: a igrexa, a xustiza corrupta e a fidalguía improdutiva que aspira a beneficios. Tras a súa estrea en Coímbra e o seu paso por Évora o pasado novembro, chega agora a Galicia antes de recalar no Teatro Nacional São João do Porto, onde se vai representar do 15 ao 18 de xaneiro.

Para a representación no Salón Teatro, función única, as localidades poden adquirirse xa de xeito anticipado na plataforma en liña de ataquilla, ou no portelo do número 34 da rúa Nova compostelá o venres 10 a partir das 18,00 h.

Estreitar lazos co teatro portugués

Nos últimos anos o CDG ten colaborado con estruturas públicas e compañías portuguesas dentro do seu obxectivo de servir de ponte entre profesionais das dúas beiras do Miño. En novembro de 2023 produciu xunto co Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, o Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa e o Teatro Nacional São João  de Porto Manuela Rey Is In Da House.

En 2024 viron a luz as coproducións Territórios de liberdade, coa compañía galega Tanxarina Títeres e a portuguesa Varazim Teatro e Entrepalav-bras, da galega ButacaZero en alianza coa lusa TEatroensaio.

Ademais, dentro deste mesmo ciclo  Quintas do Camões representouse a peza Salgueiro Maia: cartografía de um monólogo, de Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana.

Dentro desta cooperación enmárcanse tamén os traballos desenvolvidos ao abeiro do proxecto europeo Nós/Nous, que impulsa a promoción profesional e a internacionalización do alumnado de arte dramática ao final da súa carreira académica e que posibilitou a finais do ano pasado as montaxes de Na hora dos cans e Ifixenia.

Post navigation

Previous: A AP-9, unha ferida por pechar
Next: Ilustración en tempo real en “Simultánea”

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.